01/04/2012  PROXIMAMENTE... EN ABRIL, EVENTOS MIL!OBRADOIROS, TEATRO, MÚSICA, CINE, O DERBI DOS DERBIS EN GRANDES DIMENSIÓNS ...

A partir do 7 de abril e sempre ás 17 horas, tes varias citas con Pontiñas CC y de Ocio Gadis e con Xandobela (obradorio de xoguetes de refugallo); e o 14 de abril con Baobab teatro (coa función "Contos para un caldiño"); e o 21 de abril con Seisdedos (Teatro de títeres "Varietés") e o 28 de abril con Dúo Conta e canta ("Contos das estacións")...

Pero é que, ademáis, a partir do 9 ao 14 de abril, tes unha cita co cinema en versión animada que sérvenos Severiano Casalderrey, do IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín:
O ANIRMAU 12, o Festival de Cine de Animación que en horario de mañá e de tarde ilusionará e amenizará a todo aquel que se precie seguidor da séptima arte.
E gozarás da súa oferta nas mellores salas cinematográficas da Comarca, nos cines Filmax Pontiñas: 588 filmes inscritos, máis de 140 filmes seleccionados, a participación de filmes como "Arrugas", "Persepolis" ou a exitosa "Copito de Nieve", de Castelao Producciones, Filmax e o Institut Català de les Indústries Culturals.

E para os futboleros de pro o partido dos partidos, o derbi dos derbis, Messi contra Cristiano... ¡en pantalla xigante de 24 m2!.

O 21 de abril F.C. Barcelona - R. Madrid na zona de ocio de Pontiñas CC y de Ocio Gadis. A liga en xogo (e nunca mellor dito) en Pontiñas CC y de Ocio Gadis!

E non te esquezas do noso área infantil PONTILANDIA, ¡o parque dos sonos dos máis pequenos!.

Obradoiros, teatro, música, cine, fútbol... e Pontilandia en Pontiñas CC y de Ocio Gadis.
¡Onde se non!

Ver a tamaño real