Presentación do Coche Ramos-Moure | Rali do Cocido 2023

Presentación do Coche Ramos-Moure | Rali do Cocido 2023

Esta tarde celebramos o acto de Presentación do Coche Ramos-Moure  no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis, un PEUGEOT 208 T16 R5, co que participará o equipo Disiclín o vindeiro 21/22 de abril no 27º Rali do Cocido.

O multitudinario evento contou coa presenza do recoñecido piloto de rally Iván Ares, campeón de España da disciplina no 2017 e campeón de Galicia no 2011 e 2014, así como con Álex Moure e Javier Ramos. Non faltaron a directiva do Rali do Cocido, Mateo Varela; do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis, María Lázara; e o Delegado de Deportes do Concello de Lalín, Avelino Souto.

O Pontiñas, a gran pista do motor, quenta motores para acoller o venres a proba de verificacións técnicas do 27º Rali do Cocido e retransmitirá en directo, dende o aparcamento exterior do centro comercial, o sábado 22, o rally ao completo no programa de radio Asfalto y Motor a través da emisora Vía Radio que se desplaza a capital do Deza, ao mismo Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis, para converterse en emisora oficial do Rali do Cocido 2023.

O programa, que se emite en directo cada luns de 21:00 a 22:00 horas, presentado e dirixido por Pablo Moreiras, traslada toda a información aos amantes do  WRC, S-CER, F1, Dakar, MotoGP, SBK, etc. pero tamén pon o foco nos locais co Super Campeonato de Rallyes de España, a Copa de España de Rallyes de Asfalto, o Campeonato de España de Montaña, a Copa de España de Escuderías de Montaña, o Campeonato Galego de Rallys e, en xeral, todo evento do motor donde os coches sexan protagonistas. 

Leave a Reply

Your email address will not be published.