Rematamos onte a programación de Nadal 2023 co espectáculo de maxia cómica do Mago Charlangas, Atemporal. Unha tarde máis de diversión que vivimos con todos vós ao completo no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis.
Queremos agradecer que nos elixirades cada tarde para vivir con todos nós O Bo do Nadal. Agardamos que gozarades moito das actuacións e do Parque de Atraccións de Inchables que supuxo unha das grandes novidades e atractivos destas festas.
Por suposto, agradecer que elixades o Pontiñas para as vosas compras e que levedes 20 anos apostando polo comercio local.
Comezamos todos un novo ano. Un ano que é moi especial para nós, xa que estamos de aniversario. Cumprimos 20 anos! E que non vos quede a dúbida de que o imos celebrar por todo o alto!
Por agora vos adiantamos que vos poñades modo alerta, modo atentos ás nosas redes sociais, web, prensa, radio…! Modo Pontiñas activado para celebrar 20 anos xuntos, Lalín! Ata pronto!
Leave a Reply