17/02/2017  CHEGA O PONTICOCIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!
PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS celebra as festas do cocido en Lalín cunha axenda na que ofrecerá, o venres, 17 a partir das 18 horas, uns talleres de cociña creativa a cargo da empresa de Empresa de animación EDUVÍA; e o sábado 18, a partir das 17 horas a instalación, a cargo de INFANTILANDIA, duns inchables xigantes ao longo da zona de lecer para a diversión dos nenos e nenas que queiran visitar as nosas instalacións.

Ademais, como colofón de festa, o RESTAURANTE GASTHOF ofrecerá unha chocolatada para todos os pequenos que queiran participar desta festa.

Ver a tamaño real