09/12/2015  VOLVE A DIVERSIÓN, VOLVE A PISTA DE XEO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!VOLVE A PISTA DE XEO!. Do 7 de DECEMBRO ao 10 de XANEIRO.

Froito dun acordo de Pontiñas CC e de Ocio Gadis e Atlántida, firma encargada do proxecto, abrirase ao público o luns, 7 de decembro, na chaira exterior do centro comercial unha pista de xeo natural de 250m2 para goce de todos aqueles que escollan a patinaxe como unha nova fórmula de lecer entre as súas preferencias.
En efecto, desde o 7 de decembro ata o 10 de xaneiro de 2016,

CARACTERÍSTICAS DA PISTA DE XEO

A pista dispoñerá de 4 monitores especializados que estarán preparados para atender as esixencias e necesidades do público asistente á instalación.

Situada baixo unha carpa de 400 m2 contará con zona de cambio de patíns con mostrador, moqueta, bancos e andeis.

Ademais, para os máis pequenos de contará con patíns de dobre coitela, con 2 Bobbys andadores de dúas prazas para iniciarse na patinaxe así como cascos de protección para evitar lesións en caso de caídas.

HORARIOS E PREZOS
A pista estará aberta de luns a domingo.

Ata o 18 de decembro a organización abrirá as mañás de luns a venres para os colexios de 11 a 14 horas e polas tardes ao público en xeral de 17 a 21 horas.
Todos os fins de semana e a partir do día 18 de luns a domingo con horario ininterrompido de 11 a 22 horas.

A pista permanecerá pechada unicamente de mañá os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. En canto aos prezos, unha sesión de 45 minutos de patinaxe en pista con aluguer de patíns custa 6 euros; as luvas son obrigatorios e no caso de que o usuario non dispoña dos seus propios estes terán un custo de 1,50.

Para os colexios a entrada será de 2 € en sesións de 1 hora.

En Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis... Onde se non!!!

Ver a tamaño real