Programación de Nadal 2023

Programación de Nadal 2023

A Directora do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis, Maria Lázara, presentaba a programación de Nadal 2023 co Paxe Real dos Reis Magos e con Papá Noel, chegado dende a mismísima Laponia.

Un amplo calendario de espectáculos e animacións para toda a familia que terá lugar cada tarde ás 18:00 horas na zona de ocio e que arrincará o xoves 21 de decembro con teatro, clown e maxia da man de Circanelo e pechará o 4 de xaneiro de 2024 con máis maxia da man do Mago Charlangas e o seu espectáculo Atemporal.

Contaremos coa visita de Papá Noel a tarde do 24 de decembro, de 16:30 a 18:30 horas. E, tal e como anunciamos noutros post, contaremos cun Parque de Atraccións de Inflables ata o 7 de xaneiro que nos ofrecerá as visitas de personaxes como Bob Esponja e Patricio, o Pato Donald e Daisy, e Micky e Minnie.

Compartimos o cartaz con toda a programación e, agardámosvos no Pontiñas para vivir O Bo do Nadal!

Leave a Reply

Your email address will not be published.