BLOG

Aperturas extraordinarias

Coñece o noso calendario de Nadal coas aperturas extraordinarias que teremos en decembro e xaneiro.

Abrimos os seguintes domingos de decembro:

  • Domingo 13
  • Domingo 20
  • Domingo 27

E en xaneiro:

  • Domingo 3

E todo isto engadindo todas as medidas de seguridade para facer das túas compras unha experiencia segura e cunha morea de sorpresas que nos axudan a facer deste Nadal, un Nadal Máxico!

Visita o Pontiñas para facer as túas compras de Nadal.

Pontiñas Centro comercial y de Ocio Gadis

O noso Centro

Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis atópase no corazón de Galicia, en Lalín. Conta cunha galería comercial, restauración e as máis modernas instalacións, con aparcadoiro de balde, rede wifi e todo o centro climatizado, ofrece todo o que unha superficie comercial pode dar en Galicia.

Sobre Lalín

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados.

Black Week en Pontiñas, o centro comercial de Lalín!

Coñece os descontos dos nosos comercios!

Durante todo este ano os nosos comercios viron como a actualidade marcaba o ritmo das súas promocións. Sen embargo, nesta ocasión adiantámonos aos acontecementos e creamos toda a semana de grandes descontos anticipándonos ao Black Friday.

Sempre animamos aos veciños e veciñas a asistir ao noso centro como un xeito seguro de facer as compras e aínda con máis impeto o facemos agora! No noso centro comercial seguro poderás atopar gran cantidade de sectores na mesma superficie, e todos eles con grandes descontos. 

Dende xoiería, moda, calzado, fogar, alimentación, perruquería, cosmética, bisutería e un longo etc de productos con descontos que chegan até o 70% de desconto nalgúns casos. 

Ademáis, durante toda a semana entregamos aos nosos clientes rifas por compras superiores aos 10€ para gañar 100€ cada media hora o próximo venres 27 de novembro, día propio do #BLACKFRIDAY. O premio será tanto para as persoas que estén no centro nese momento como para os que non se atopen alí. A través de megafonía iremos nomeando aos gañadores desos 100€ e, se non te atopas no centro comercial, chamarémoste e gañarás 50€. Toda unha semana de descontos e todo un día de premios (dende as 17.30h do venres ata as 21.30 dese mesmo venres). 

¿Queres coñecer todos os descontos?

Run Rock

Tenda de moda multimarca que conta coas marcas máis exclusivas do mercado para facer os look máis en tendencia. Ten descontos dende un 30% até un 50%.

Bloom

Moda de primeirísima calidade e as mellores marcas agora cun 20% de desconto!

Clochett Íntimo

20% de desconto na súa grande variedade de produto para muller e home. Dende lencería, ate pixamas 100% preparados para o inverno pasando por zapatillas e pola roupa íntima máis divertida e ocurrente!

Boutique Atly

O calzado máis ideal e especial atópase en Boutique Atly e, ademáis, agora ten un 70% de desconto.

Fegus

Cosmética, perfumes e produtos de parafarmacia agora rebaixados ao 70% de desconto! E ademáis, polas túas compras levarás un agasallo seguro.

GyN Complementos

Marcas exclusivas e de calidade que fan que GyN teña os complementos máis trendy do mercado. Agora con ata un 50% de desconto e cun agasallo seguro por compra.

Huella

Un calzado de calidade perfecto para abrigarnos nos días máis fríos do inverno. Agora con descontos dun 20% «!

Arnela

Moda de muller e home do máis actual cunha ampla variedade de tallas que agora teñen ata un 20% de desconto.

Coqueterías

Todos os complementos e a bisutería que imaxines está en Coqueterías! Gran cantidade de produtos incluso personalizables que agora están ata o 30% de desconto.

Cassa Chic

Se eres dos «tolos» aos que lles encanta a decoración navideña non te podes perder esta tenda, que agora conta cun 50% de desconto e un agasallo seguro por compra!

Ademáis en Cassa Chic atoparás multitude de produtos de decoración do fogar.

Bertha Hogar

Ata un 20% de desconto en textiles de fogar. A época perfecta para mercar a túa roupa de cama e prepararte para o inverno.

Bernabé

Non só en moda e complementos temos desconto! Agora tamén na túa liña de telefonía. Bernabé e MÁSMOVIL lanzan unha promoción conxunta coa que terás Fibra (100mg) + móbil (20gb) + chamadas ilimitadas + unha liña extra con 3gb por tan só 39,90€ ao mes.

Joyería López Romero

Grandes desconto na xoiería máis exclusiva e as mellores marcas.

30% de desconto en artigos seleccionados da marca Tous

20% de desconto en artigos seleccionados da marca Pandora

10% de desconto en artigos de regalo

Visionlab

Ata as 12.00h da mañá podes desfrutar dun 60% de desconto e a partir desa hora dun 50% en lentes!

Florentino

Descontos máis que especiais ata o luns!

Gasolinera Repsol Fervi

Grazas á colaboración con Gadis, por compras superiores a 20€ no hiper aforras 6 céntimos o litro no teu combustible.

Gadis

Multitude de ofertas en langostino crú e cocido, xamón de cebo 50% raza ibérica, deterxente líquido e multitude de produtos perfectos para este Nadal.

Gran parte do noso centro comercial está conformado por empresas locais rexentadas por lalinenses. Agora máis ca nunca pedimos o apoio dos nosos veciños e veciñas xa que, dende o centro comercial, estamos convencidos de que o comercio local sairá reforzado desta crise se todos e todas loitamos xuntos. 

Convidámoste a desfrutar dos nosos descontos e dos sorrisos dos nosos comerciantes. Agardámoste. 

Medidas de seguridade no Clube Infantil Pontiñas

Medidas hixiénico – sanitarias

Seguindo as medidas establecidas polas Autoridades Sanitarias, establécense as seguintes indicacións para levar a cabo o campamento:

Medidas xerais:

– Manter distancia de seguridade de 1,5 m

– Ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado

– Usar panos desbotables e tiralos tras o seu uso.

– Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.

– Non se permitirá a continuidade de ningún participante que presente sintomatoloxía da COVID-19 durante o transcurso do Servizo.

– De presentarase algún caso da enfermidade (confirmado) durante o campamento, este Servizo será suspendido, informando ás familias participantes e actuarase de acordo ao Protocolo establecido polas Autoridades Sanitarias correspondentes.

Medidas nas instalacións:

– Extremarase a limpeza nas instalacións onde se leve a cabo o Servizo.

– Desinfectarase o material empregado polos/as participantes cada día.- Ventilarase a miúdo.

– As portas manteranse abertas con cuñas para evitar o contacto cos pomos das mesmas.Medidas individuais:

– Todos/as os/as participantes deberán acudir ao Servizo con mascarilla (participantes e monitorado).

– Os/as participantes deberán acudir ao servizo, na medida do posible, só acompañado/a por un adulto. O mesmo criterio será para a súa recollida.

– Toma de temperatura e rexistro diario aos menores por parte das súas familias antes de saír da súa casa. De ter máis de 37º, non poderá acudir ao servizo nesa xornada. A febre tamén poderá ser tomada por persoal do servizo ante a dúbida de febre por parte do/a menor.

– Hixiene de mans frecuente con solución hidroalcólica e realizar lavado de mans cando menos ao cambiar de actividade, antes e despois das merendas e despois de ir ao lavabo.

– Evitar coller pertenzas alleas ou compartir material individual.- Estará prohibido compartir mochilas, menaxe, comida…

– De producirse un contaxio na unidade familiar dalgún participante, esta debe comunícalo coa maior brevidade posible aos responsable do servizo.

Dende o día 5 de agosto comezamos o Clube Infantil do Pontiñas

clube infantil pontiñas

Abrimos un campamento infantil na nosa zona de ocio de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis. 

Coa colaboración de Acode Educa creamos un espazo seguro onde os máis cativos da casa poidan pasar as mañáns e tardes de verán. 

De mércores a venres en horario de mañá e tarde: 11.00h-13.30h 17.00h -21.00h e os sábados únicamente de mañá entre as 11.00h e as 14.00h. 

Cada un desos días teremos un calendario de actividades no que estarán dous monitores e onde o aforo estará limitado a 30 cativos de entre 3 e 12 anos. 

Deste xeito podes deixar aos cativos no clube infantil durante un ratiño ou durante todo o día. Sempre estando nel con todas as medidas de seguridade. 

Como podes participar?
Se fixeches algunha compra superior a 15€ no centro comercial, pasar o día no clube é totalmente de balde. E se non fixeches ningunha compra tan só debes abonar 3€ e poderás asistir durante todo o día. 

Globoflexia, contacontos, e manualidades son tan só unha mostra de todas as actividades que poderás ter durante as próximas semanas!