O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS CELEBRA A SÚA NOITE BRANCA CON PROMOCIÓNS ESPECIAIS, ACTIVIDADES E O SORTEO DE ENTRADAS PARA O SON DO CAMIÑO

O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS CELEBRA A SÚA NOITE BRANCA CON PROMOCIÓNS ESPECIAIS, ACTIVIDADES E O SORTEO DE ENTRADAS PARA O SON DO CAMIÑO

O Centro Comercial Pontiñas celebrará o vindeiro venres 5 de xuño unha nova edición da súa tradicional Noite Branca, unha das citas máis destacadas do calendario anual do Centro, que combinará promocións especiais nas tendas, actividades para todos os públicos e numerosas propostas de lecer entre as 17:00 e as 22:00 horas.

Durante a xornada, os visitantes poderán beneficiarse de descontos e promocións especiais nos establecementos do centro, ao tempo que desfrutan dunha programación pensada para dinamizar a actividade comercial e ofrecer unha experiencia completa aos clientes.

A programación incluirá un market de moda da man de Miss Estilos, a inauguración da exposición do obradoiro de pintura da Asociación Cultural e Veciñal Fonte de Lalín de Arriba, actividades deportivas co Club Rugby Coreti Lalín, unha clase aberta de jazz teatral, música en directo e inchables para os máis pequenos. Ademais, os asistentes poderán desfrutar de diferentes degustacións gastronómicas ao longo da tarde, entre as que destaca a participación de Amayogurt, que se suma á Noite Branca cunha proposta especialmente pensada para os mais golosos.

Como un dos grandes atractivos da xornada, todas as persoas que realicen as súas compras durante a Noite Branca participarán no sorteo de entradas para O Son do Camiño, un dos festivais musicais de referencia do noroeste peninsular.

A Noite Branca consolídase así como unha iniciativa que busca impulsar o comercio local, favorecer a afluencia de visitantes e reforzar o papel do Centro Comercial Pontiñas como punto de encontro para os veciños de Lalín e da súa contorna.

Con esta acción, Pontiñas continúa apostando por unha programación que combina comercio, cultura, deporte e lecer, contribuíndo á dinamización social e económica da comarca.

Leave a Reply

Your email address will not be published.