O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS CELEBRA ‘A NOITE BRANCA’

O CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS CELEBRA ‘A NOITE BRANCA’

CON MÚSICA, SORTEOS, DEGUSTACIÓNS E ACTIVIDADES PARA TODA A FAMILIA

Este venres, o Centro Comercial Pontiñas énchese de festa coa celebración dunha nova edición da súa xa tradicional Noite Branca, un evento pensado para que familias e clientes de todas as idades gocen dunha tarde chea de descontos, música, sabor e moita diversión.


Desde as 16:30h ata as 22:00h, os visitantes poderán aproveitar promocións especiais nas tendas, descubrir as propostas do market exclusivo da influencer @missestilos, e deixar que os máis pequenos se divirtan nos inchables gratuítos presentando calquera ticket de compra.

A programación da xornada incluirá os seguintes momentos destacados:


17:30h | Actividade para os máis pequenos: xoga con Basketdeza, descubre o
baloncesto de maneira divertida, gaña premios e poderás vivir unha xornada de
portas abertas no clube.

18:00h | Inicio das degustacións a cargo de Ama Yogurt e Dulce Pecado e un
cóctel e pica pica cortesía do Centro Comercial, todo xunto ao primeiro pase da
charanga Os Kokakolas, que traerán ritmo e alegría ao centro.

19:00h | A escola Flow porá ao público a bailar cunha exhibición chea de
enerxía.

20:00h | Segundo pase da charanga Os Kokakolas.

21:00h | Momento estrela da noite: gran sorteo de premios, con participación
activa para quen merque durante o evento.

Entre os agasallos sorteados destacan: Un abono dobre para O Son do Camiño, entradas para Leiva, David Guetta e Maná, unha entrada familiar para visitar o Museo Casa do Patrón, outra para asistir ao espectáculo A Penúltima de Carlos Blanco, ademais dunha clase particular de tenis, un retrato a carboncillo de 29×42 de Carlos Santos e un acceso dobre para o spa de Torres do Deza.

A Noite Branca do Centro Comercial Pontiñas reafírmase como un evento único en Lalín, que combina lecer, cultura, comercio local e participación cidadá nun ambiente festivo e acolledor.

A cita: este venres, dende as 16:30h no Centro Comercial Pontiñas.

Leave a Reply

Your email address will not be published.