Joyería López Romero: exclusividade e atención ao cliente en xoiería, reloxos e agasallos

Un negocio familiar que ofrece productos de luxo nas instalacións do Pontiñas

No ano 1991 Julio e Teresa comezaron en Lalín un negocio dedicado á venda de xoias, reloxos, pratería e outros artigos de agasallo. Hoxe, a Joyería López Romero, é xestionada por Teresa, filla dos fundadores, e conta cunha tenda ubicada nas instalacións do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis. 

Esta xoiería leva nas instalacións do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis desde a nosa apertura, no ano 2004. Nos inicios Teresa, a nai da actual encargada, era a responsable de atender aos clientes e asesoralos nas súas compras mentres que Julio se encargaba das tarefas de xestión da empresa e da parte máis técnica do negocio como podía ser arranxar as pezas. Co paso do tempo, Teresa, a filla dos fundadores, decidiu manter o legado de seus pais e tomou o relevo asumindo o mando de Joyería López Romero. 

Teresa, filla dos fundadores Julio e Teresa, é actualmente a encargada de Joyería López Romero

A día de hoxe a Joyería López Romero é un dos negocios máis populares dentro do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio. “Este centro comercial foi un proxecto moi ambicioso nos seus inicios” comenta Teresa, “moitas empresas de Lalín e de toda a comarca do Deza estaban interesadas en emplazar os seus negocios nesta superficie xa que o proxecto era moi atractivo e había grandes perspectivas de futuro”. O feito de implicar aos comerciantes nas decisións do centro comercial foi unha das principais vantaxes á hora de seleccionar o Pontiñas Centro Comercial e de Ocio como a ubicación ideal para a nova tenda de Joyería López Romero.

O aparcadoiro cuberto e de balde, os amplos horarios que posibilitan que os clientes veñan a mercar a diferentes horas ou a posibilidade de facer a compra no supermercado; son outros dos aspectos fundamentais para Teresa. “Poder establecer o teu negocio nun lugar no que os visitantes dispoñen de aparcamento cuberto e gratuito, teñen aire acondicionado, variedade de establecementos comerciais, zona de xogos infantís, e contan con múltiples comodidades coma pode ser o WiFi de balde; convirten ao Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis nun emplazamento excelente para a nosa xoiería”, afirma Teresa. 

“O Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis é a ubicación perfecta para a nosa xoiería” explica Teresa, responsable de Joyería López Romero

Todas estas vantaxes fan que sexan moitas as persoas, de Lalín e doutras partes da comarca do Deza, que se desplazan ao Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis para visitar a Joyería López Romero e mercar algún dos seus productos, tanto para eles mesmos como para agasallos. Segundo Teresa, “a xente aproveita para vir a pasar a tarde, facer a compra, pasarse por algún dos outros comercios e, de paso, visitar a súa xoiería para recibir asesoramento para todo tipo de agasallos ou para buscar productos concretos que difícilmente se poden atopar noutros establecementos similares”. 

Cando falamos do tipo de clientes máis habituais de Joyería López Romero, Teresa dinos que non contan con un un perfil de cliente habitual. “Son moitos os homes e mulleres de diversas idades que visitan a nosa tenda, adoitan buscar algún agasallo, aínda que tamén compran cousas para eles mesmos” apunta Teresa ao tempo que destaca a importancia que dan á atención ao cliente. “Por sorte, temos unha clientela moi fiel que está contenta co servizo que lles damos, xa que para nós a atención ao cliente é a base do noso negocio e tratamos de coidar ata o último detalle”. 

Todo esto faise evidente ao comprobar o coñecemento do sector e dos productos que ten á venda na xoiería. En Joyería López Romero “resolvemos calquera problema que teñas cos nosos productos e tratamos de darche solucións. Se non é a través do provedor, que é normal, nos mesmos nos facemos cargo, polo que os nosos clientes teñen a seguridade de que sempre resolvemos”. Todas as facilidades que se ofrecen aos clientes convirten esta tenda especializada en todo tipo de xoias, reloxos e outros artigos de agasallo, nun dos referentes na comarca do Deza.

Atención ao cliente e productos exclusivos son a base de Joyería López Romero Esta xoiería traballa día a día para ofrecer aos seus clientes os produtos máis exclusivos e as pezas máis innovadoras. Tal e como nos conta Teresa, no seu establecemento podemos atopar “xoias en ouro, ouro branco, rosa ou diamantes. Tamén temos artigos en prata ou aceiro para algúns produtos específicos”. Ademáis, a Joyería López Romero destaca por contar con moitas marcas en exclusividade, que únicamente poderás atopar na súa tenda. “Estamos moi orgullosos de traballar con proveedores da máis alta calidade, como poden ser Pandora, Tous, UNOde50, Guess, Salvatore, Seiko, Sandoz, Tommy Hilfiger… das que temos a exclusividade de venta en toda a zona”.

Se estás a buscar un regalo especial ou queres mercar algunha xoia, reloxo ou complemento especial para ti; achégate a Joyería López Romero no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis. Recibe asesoramento e atención personalizadas, merca productos de calidade e exclusivos que non poderás atopar en outros negocios da zona e aproveita tódalas vantaxes do centro comercial de referencia na comarca do Deza. Pásate pola xoiería López Romero antes ou despois de facer a túa compra no supermercado, tomar un café ou disfrutar de calquera outra tenda do noso centro comercial. Agardámoste!

Leave a Reply

Your email address will not be published.