Ciclón Matic: pon a lavar a roupa mentres vas de tendas

Limpeza, rapidez e comodidade na lavandería autoservicio do Pontiñas

A lavandería autoservicio Ciclón Matic, sita no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis, permite que poidas lavar a túa roupa mentres vas de tendas ou fas a compra semanal. Ademais, conta con tódalas facilidades posibles, grazas ao aparcamento gratuíto e cuberto que se atopa nas instalacións do centro comercial. Ademais, abre no mesmo horario que o centro comercial os 365 días do ano.

Unha das principais vantaxes de Ciclón Matic é a súa localización. Ao estar dentro do centro comercial e permitir o acceso a través do parking cuberto, facilita que poidas lavar a túa roupa sen mollarte. So tes que chegar, aparcar e en 45 minutos terás a roupa de toda a familia limpa e seca.

A comodidade de lavar e secar a roupa de maneira rápida, barata e sen pisar a rúa

As lavanderías autoservicio están moi de moda. As subida da factura da luz e as comodidades que ofrecen este tipo de establecementos aumentaron a súa popularidade. No Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis, Ciclón Matic permite lavar prendas pequenas e delicadas prendas ou de maior tamaño coma edredóns, sabas e mantas.    

Ciclón Matic é unha das lavanderías máis grandes da comarca do Deza. Esta lavandería autoservicio conta con máquinas con capacidade para lavar ata 23 quilogramos de roupa. Esta característica fai que sexa un lugar moi frecuentado por familias que queren lavar moita roupa xunta ou prendas de gran tamaño e que aproveitan o seu tempo de ocio ao mesmo tempo que lavan toda a súa roupa.

Persoas que viven soas, parellas e familias poden aproveitar as vantaxes desta lavandería autorservicio

Mentres outras lavanderías autoservicio teñen lavadoras e secadoras de hai anos, Ciclón Matic conta coa última tecnoloxía do mercado nas súas máquinas de lavado e secado. Toda a súa maquinaria é da marca Electrolux, o que garante uns estándares de calidade moi elevados. Mentres outros establecementos utilizan máquinas que poden estragar a túa roupa, non lavar ben algunha das prendas ou non secar adecuadamente, as máquinas de Ciclón Matic aseguran un lavado perfecto.

Achégate ao Pontiñas e lava a túa roupa mentres vas de tendas

Se tes horarios de traballo complexos, non sacas tempo para lavar a túa roupa ou queres obter un lavado e secado de calidade; achégate a Ciclón Matic no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis. Aforra tempo e diñeiro aproveitando para lavar a túa roupa mentres desfrutas de tódalas vantaxes do centro comercial de referencia na comarca do Deza. Merca nas nosas tendas, fai a túa compra no supermercado, toma un café ou conéctate á nosa WiFi de balde mentres agardas a que a túa roupa saia limpa e seca. 

Leave a Reply

Your email address will not be published.