O Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis se solidariza coa “Volta ao Cole”

– Dende o Centro Comercial e de Ocio Pontiñas Gadis ponse en marcha unha iniciativa solidaria co obxectivo de conseguir material escolar para todos os nenos e nenas de Lalín.
– Do 1 ao 15 de setembro, os visitantes do centro comercial poderán colaborar con esta iniciativa solidaria depositando o material escolar nun espazo exclusivo habilitado para a ocasión.

Coa Volta ao Cole que comeza despois das vacacións de verán, o Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis pretende que todos os nenos e nenas de Lalín dispoñan do material escolar necesario para a súa volta ás aulas. Con este obxectivo, do 1 ao 15 de setembro porase en marcha unha campaña de recollida de material escolar nun espazo exclusivo habilitado nas instalacións do centro comercial.

O Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis prepara un inicio de curso moi solidario. A través dunha colaboración co Concello de Lalín preténdese axudar a todos os nenos e nenas do concello para que poidan comezar a escola con todo o material escolar necesario.

Do 1 ao 15 de setembro, todos os visitantes do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis poderán aportar o seu gran de area. Achegándonos ao espazo habilitado nas instalacións do centro comercial pódense facer doazóns de todo tipo de material escolar. A recollida de material inclúe: libros, lapis, bolígrafos, rotuladores, cadernos ou calquera outro produto que poida ser útil na escola. Pode ser novo ou usado, o único requisito é que estea en bo estado.

Este tipo de iniciativas solidarias que leva a cabo o Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis sempre tiveron moi boa acollida e a dirección do centro ten grandes expectativas tamén para esta campaña. “As persoas que se achegan ao Centro Comercial e de Ocio Pontiñas Gadis sempre foron receptivas ás iniciativas solidarias e cremos que o noso público está encantado de axudar aos que máis o necesitan“, sinalan dende a directiva do centro. Tamén indican que “apoiar á xente da nosa comunidade é algo que nos enorgullece e esperamos desenvolver moitas máis actividades cos nenos e nenas de Lalín ao longo deste curso 2022-2023”.

Cabe lembrar que o Centro Comercial e de Ocio Pontiñas Gadis é un dos lugares máis axeitados para realizar as compras necesarias para a volta ao cole. Diversos comercios situados nas instalacións poden ofrecer material para os nenos, e mesmo para facer máis levadeira o inicio dun novo curso escolar aos pais.

Todos os interesados ​​en participar nesta iniciativa benéfica están convidados a achegarse ao Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis entre o 1 e o 15 de setembro.

Leave a Reply

Your email address will not be published.