Os días 22 e 23 de abril regresa ao concello de Lalín o Rali do Cocido.
O Rally do Cocido é unha proba de rally que se celebra anualmente nos arredores do concello de Lalín, organizada pola Escudería Lalín-Deza dende 1996. Este 2022 o Rali do Cocido celebrarse o venres 22 e o sábado 23 de abril, como preludio da Feira do Cocido 2022.
A festa do motor que se celebra ano tras ano na comarca do Deza recupera, igual que nos anos 2018 e 2019, o Shakedown. O venres entre as 16:00 e as 17:50 os pilotos percorrerán este tramo entre O Tarreo e O Pazo, na parroquia de Soutolongo. Podes consultar aquí a axenda do Rali do Cocido 2022 no Pontiñas Centro de Ocio Gadis:
Este 2022 a proba contará con 11 tramos e un total de 111,55 quilómetros cronometrados, divididos en cinco tramos a percorrer polos pilotos. O acto de saída terá lugar o venres, ás 21:00 horas, na Rúa Habana, lugar elixido este ano para o parque cerrado pola súa coincidencia coa Feira do Cocido. Ademais, a aula da UNED de Lalín será o escenario para acoller a dirección de carreira.
En canto ás etapas, o Rali do Cocido 2022 contará coas seguintes: Silleda (7,3 quilómetros), O Couto (9,6 quilómetros), Saborida (10,7 quilómetros), Vila de Cruces (11,2 quilómetros) e Carballeda (11,5 quilómetros). En tódolos tramos se realizarán dobres pases, agás o de Saborida, que contará con tres pases por parte dos pilotos. O rallye, puntuable para o CERA-Recalvi, recupera a categoría Lenda polo crecente tirón que este tipo de coches ten tanto entre os deportistas como entre os afeccionados. Tamén hai que destacar que o número máximo de inscricións, fixado pola Escudería Lalín-Deza, será de 100 vehículos e o peche das entradas será ás 14.00 horas do 13 de abril.