Comeza o verán e chegan as rebaixas ao Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis

O luns 27 de xuño comezan as rebaixas de verán en tódalas tendas do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis. Se queres mercar os teus produtos favoritos aos mellores prezos non podes deixar escapar os descontos de ata o 70% que haberá nas tendas ubicadas no centro comercial.

Desde o Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis invitamos a tódalas persoas da comarca do Deza e arredores a que visiten as nosas tendas para descubrir as diferentes promocións que cada negocio ten preparadas. Hai unha gran diversidade de produtos a prezos rebaixados: moda, complementos, calzado, decoración, perfumería… Todo o que poidas imaxinar!

Lembra que no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis contamos con múltiples servizos gratuitos para facer máis agradable a túa visita ás nosas instalacións. Utiliza o noso WiFi, deixa o teu coche no párking cuberto, aproveita o sistema de envío de pedidos gratuito que temos á túa disposición ou utiliza a zona infantil para que os peques o pasen ben xogando mentres vas de tendas. 

Ademáis, lembrámosche que do 27 de xuño ao 1 de xullo estaremos celebrando a festa de fin de curso, ideada especialmente para os máis novos. Con inchables novos cada día, tódolos nenos e nenas de ata 12 anos disfrutarán de múltiples actividades de maneira gratuita, so tes que  presentar un ticket de compra. Podes ler toda a información aquí

Xa o sabes, no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis temos todo o que necesitas para estas rebaixas de verán.

Leave a Reply

Your email address will not be published.