Horario

Luns a Sábado de 9:30h a 22:00h

Contacto

Sobre Estación de Servizo Fervi

A Estación de Servicio Fervi sempre é a mellor opción á hora de encher o depósito de combustible. E non o dicimos só nós, en 2018 recibiu un galardón que a distingue como unha das mellores gasolineiras de España no trato co cliente.
Nas súas instalacións, sempre impecables, atoparás todo o preciso para poder seguir facendo moitos kilómetros aos mellores prezos, así como unha tenda onde mercar diferentes accesorios para o teu coche, prensa ou snacks.
Sempre adaptándose aos novos tempos e ás necesidades dos seus usuarios, Fervi ofrece numerosas promocións e descontos exclusivos, así como unha tarxeta para os seus clientes que ofrece a oportunidade de levar litros de combustible gratis polas compras en Pontiñas Centro Comercial.