A Gasolineira Fervi Pontiñas sempre é a mellor opción á hora de encher o depósito de combustible. Nas súas instalacións, sempre impecables, atoparás todo o preciso para poder seguir facendo moitos kilómetros aos mellores prezos, así como unha tenda onde mercar diferentes accesorios para o teu coche, prensa ou snacks. Sempre adaptándose aos novos tempos e ás necesidades dos seus usuarios, Fervi ofrece numerosas promocións e descontos exclusivos, así como unha tarxeta para os seus clientes que ofrece a oportunidade de levar litros de combustible gratis polas compras en Pontiñas Centro Comercial.