Fondos Next Generation · Instalación fotovoltaica

Fondos Next Generation · Instalación fotovoltaica

Instalación dun sistema de autoconsumo enerxético no Centro Comercial Pontiñas, en Lalín.

O Centro Comercial Pontiñas conta coa axuda dos Fondos Next Generation para a instalación dunha planta de autoconsumo fotovoltaico na cuberta do establecemento. Esta instalación permitirá ao centro comercial autoxerar máis dun 18 % do seu propio consumo de enerxía durante o período de vida útil do sistema, o que supón unha redución de aproximadamente 24 toneladas de CO₂ á atmosfera.

O sistema de autoconsumo, deseñado por Naturgy e que contou cunha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), está composto por paneis fotovoltaicos instalados na cuberta do centro comercial, situado en Lalín.

Esta actuación enmárcase no compromiso do Centro Comercial Pontiñas coa sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a redución do impacto ambiental, contribuíndo así a un modelo de consumo máis responsable e respectuoso co entorno.

Leave a Reply

Your email address will not be published.