O 25 de marzo regresa o Zumbathon benéfico ao Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis. Da man de Angy Dance e en colaboración co Pontiñas, co Concello de Lalín, co Gimnasio de Vila de Cruces e con moitos outros comercios de Lalín e da comarca, celebraremos unha nova edición do festival de Zumba co cal recolleremos alimentos non perecedoiros para a asociación O Mencer.
Haberá 3 exhibicións coas que arrancará a xornada ás 18:30 horas:
Kickboxing por Ximnasio Vila de Cruces.
Zumba Kids por Angy Dance.
Bachata por Angy Dance.
E de seguido comenzará o zumbathon no que todo o público pode participar e pasalo super ben bailando as coreografías tan coñecidas de Zumba que impartirán todos os monitores participantes: Angy, Gabri, Bruno, Begoña, Ángel, Luís e Maite.
Todos os que queimardes participar só tedes que doar alimentos para a asociación (pasta, fariña, legumes, mel, mermeladas, latas de conservas, fritos secos, leite en pó, etc.) e darásevos unha rifa coa cal ao final da tarde sortearemos incribles premios, por exemplo, bonos de balde para o Lalín Arena, …
Esperámosvos!
Leave a Reply