Celebramos o Entroido co chocolate das señoritas e o noso tradicional Concurso de Carnaval

Celebramos o Entroido co chocolate das señoritas e o noso tradicional Concurso de Carnaval

Nos sumamos un ano máis á celebración do Entroido la linense cunha programación
especial que combina tradición, diversión e solidariedade.

Un dos momentos máis destacados será o Chocolate das Señoritas mañá venres día 13 a partir das 18.00h, unha iniciativa inspirada na tradicional cita do “vermú das señoritas”, tan arraigada en Lalín. Nesta ocasión, Pontiñas convida a pequenos e maiores a achegarse disfrazados de señoritas ou señoritos para compartir un chocolate con churros nun ambiente festivo e participativo.


A actividade terá ademais un carácter solidario, xa que a recadación, cun prezo simbólico de 0,50 euros, destinarase integramente a Aspadeza, reforzando así o compromiso do centro coas entidades sociais do seu entorno.


21 Anos celebrando o Carnaval en Pontiñas

O Entroido en Pontiñas continuará co seu tradicional concurso de Carnaval o martes día 17, unha cita xa consolidada no calendario festivo de Lalín e que este ano cumpre nada menos que 21 edicións.

Durante máis de dúas décadas, o centro foi escenario de disfraces, creatividade e participación, converténdose nun dos puntos de encontro máis agardados polas familias lalinenses nestas datas.

As inscricións poderán realizarse ese mesmo día de 16:30 a 17:45 horas, e haberá premios para as categorías de individual, parellas e grupos. Na categoría individual establécese un primeiro premio consistente nun vale de 75 euros e un segundo premio de 50 euros; na categoría de parellas, o primeiro premio será un vale de 100 euros e o segundo, de 60 euros; finalmente, na categoría de grupos entregarase un primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros.

Leave a Reply

Your email address will not be published.