BLOG

PontiPista de Xeo Lalín 2021

Seis anos despois volve  PontiPista de Xeo a Lalín, ao Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

O Concello de Lalín e o Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis inauguraban o pasado 2 de decembro a PONTIPISTA DE XEO DE LALÍN, unha gran pista de xeo que está ubicada na explanada do centro comercial e que terá unha vixencia entre os días 2 de decembro e 8 de xaneiro.

O Concello de Lalín e o Pontiñas CcyO Gadis, no seu empeño por facer de Lalín un lugar máxico no Nadal, aposta pola explotación dunha pista de xeo cuberta na que os cativos e cativas de Lalín, os xóvenes, e as familias teñan un lugar para desfrutar do Nadal.

Horario:

  • Do 2 de decembro ao 22 de decembro; de luns a venres de 17h a 21h. Sábados, domingos e festivos de 11h a 21h.
  • Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro; de luns a domingo de 11h a 21h.
  • Horarios especiais para os días 24,25, 31 dedecembro e 1 de xaneiro.

Colexios:

Ademáis, a pista de xeo conta cun prezo especial para colexios e os seus cativos e cativas, que poden asistir en horario de mañá é cun prezo especial de 2€ cada entrada. Se estás interesado/a tan só tes que enviar un email á dirección pontinas@pontinas.es

Inauguración PontiPista de Xeo

Prezos:

A entrada xeral para a pista de xeo será de 5,5€/unidade, aínda que mercando nos establecementos do Centro Comercial poderás gañar entradas de balde.

Parking

Non terás problema de aparcamento no noso Centro Comercial que conta con parking interior e exterior así como de todos os servizos que poidas precisar.