BLOG

Run Rock, a fondo.

En Run Rock podemos atopar marcas exclusivas, complementos feitos a man e prendas cheas de personalidade e estilo.

Hoxe estamos con Amelia, que xunto ca súa nai Isabel rexenta a tenda Run Rock no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Unha moza con espírito viaxeiro e cun gusto especial para a moda, que se ocupa de achegarnos as últimas tendencias tempada tras tempada.

Bo día Amelia, en poucos días celebrades o voso 5º aniversario, como naceu Run Rock?

A miña nai levaba moitos anos ligada ó mundo do textil a través doutras empresas. Case podería dicir que eu nacín entre roupa.

Pouco a pouco a moda foise convertindo nunha paixón compartida e un bo día decidimos darlle forma aos nosos soños. É un privilexio poder traballar man a man con ela. 

Que tipo de productos ofrecedes?

Moda casual para home e muller e para todos os estilos, dende o máis clasico ao máis desenfadado, e cunha gran variedade de tallas. Traballamos con marcas internacionais exclusivas na comarca, como Free People, Replay, Naf Naf ou Superdry. A nosa especialidade son os vaqueiros e a moda denim, e tamén temos complementos feitos a man como as famosas botas camperas de La Mexicana.

Todas as vosas prendas teñen algo especial …

Si. Ademáis da exclusividade que ofrece este tipo de marcas, todas as prendas que ofrecemos son dunha calidade superior tanto en tecidos como en deseño e corte. Son algo máis que unha simple peza de roupa, son inversións. Buscamos pezas atemporais e duradeiras, fuxindo do concepto da moda de “usar e tirar”.

Cómo se ve reflexada a vosa paixón pola moda na tenda?

Poñemos especial empeño en achegar ós nosos clientes as últimas tendencias. Para elo viaxamos e movémonos para introducir nova mercancía constantemente. Tamén nos preocupamos por ofrecer un bo asesoramento aos nosos clientes, aconsellándolles e axudándolles a atopar aquelas prendas que mellor lles sentan. Non nos gusta que a xente se vista como fotocopias, polo que ofrecemos exclusividade ós nosos clientes, tanto dentro da tenda, polo tipo de productos que ofrecemos, como fóra, intentando non vender por exemplo a mesma prenda a 2 persoas cercanas.

Como estades a vivir o cambio dixital?

Intentamos adaptarnos aos tempos que corren. Por exemplo, facemos envíos a toda España a través das nosas redes sociais, nas que somos moi activas. Cremos que a adaptación aos novos tempos é imprescindible, pero sen deixar de lado a tradición e o comercio local.

Hoxe en día é moi complicado competir co comercio online e cas grandes cadeas textiles, asique traballamos moito para ser diferentes e punteiros en tendencias. Ofrecendo calidade, exclusividade, e ese asesoramento personalizado e sincero que non podes atopar noutros sitios.

Aquí o cliente é o verdadeiramente importante, e a moda o motor das nosas vidas.

Lorena inaugura a súa propia tenda no Pontiñas.

En Arnela podemos atopar roupa de home e muller para todas as tallas, marcas galegas e unha ampla variedade de vaqueiros.

Hoxe estamos con Lorena, propietaria de Arnela, unha tenda de moda xove que abre as súas portas no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Lorena, moza emprendedora cunha ampla experiencia no sector, achegaranos información sobre os produtos que podemos atopar na súa tenda, así como das características máis relvantes dos mesmos.

Bo día Lorena, cóntanos como xorde Arnela?

Eu levaba moitos anos traballando nunha tenda de moda xove que se atopaba no mesmo lugar no que está Arnela. Sempre tiven moita ilusión por ter a miña propia tenda, e unha mestura de circunstancias déronme o empurrón que precisaba para animarme a emprender. A ubicación é perfecta, moitos clientes xa conocen o local e saben o tipo de produto que se van a atopar, e as miñas ganas superaban a todos os medos.

Realmente estou moi contenta e ilusionada con este proxecto.

Que nos imos a atopar na túa tenda?

En Arnela podedes atopar moda xove e complementos tanto para home como para muller.

A nosa especialidade son os pantalóns vaqueiros, nos que temos unha amplísima variedade para todos os gustos. O noso catálogo está formado por prendas pensadas para o día a día, pero cun deseño coidado, moderno e moi favorecedor. Roupa con personalidade, en definitiva.

Cales son as características dos vosos produtos?

Queremos chegar a todos os públicos, e por eso ofrecemos unha ampla variedade de tallas, dende as máis pequenas ás máis grandes. Ademáis, traballamos con moitas marcas galegas e de fabricación nacional. O máis importante para nós é que todo o mundo poda atopar na nosa tenda esa prenda que anda a buscar, coa máxima garantía de calidade e resultado.

Porque é Arnela unha tenda diferente?

Arnela é un proxecto creado con moitísima ilusión e traballo, e eso nótase. Para nós o máis importante son as persoas, e por iso poñemos moito esforzo en ofrecer unha atención inmellorable. Poñemos as nosas redes sociais (Facebook e Instagram) ao servicio dos nosos clientes, ofrecendo asesoramento e facilidades de envío, tallaxe e servizo. Cremos que existe unha prenda para cada persoa, e faremos todo o posible para que atopes a túa.

Arnela abre as súas portas, estás preparada?

Si, estades todos convidados a coñecer Arnela a partir das. Alí poderedes coñecer a nosa colección de outono e o novo ambiente do local, que foi creado con moito mimo e coidado nos detalles, para que vos sintades cómodos e como na vosa casa.

Agardámosvos!

Entrevista a Elisa, de Huella Lalín

Huella Lalín ofrece un amplo surtido de zapatos, calzado deportivo e complementos para home e muller.

Hoxe estamos con Elisa, propietaria de Huella Lalín, unha zapatería multimarca ubicada no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis. En Huella podemos atopar un amplo surtido de calzado e complementos tanto para muller como para home.

Elisa achegaranos máis información sobre o que podemos atopar no seu establecemento, así como dos procesos de selección de producto e as características máis importantes dos mesmos.

Bo día Elisa, en qué sodes especialistas en Huella Lalín?

Huella Lalín é unha zapatería multimarca especializada en calzado tanto para mulleres como para homes. Traballamos zapato de uso diario, calzado máis especial para eventos e calzado deportivo cun estilo “casual” perfecto para vestir. Ademáis, no noso establecemento tamén poderedes atopar unha pequena selección de complementos, fundamentalmente bolsos para muller escollidos con moito cariño.

Cóntanos, cómo é o proceso selección dos productos que ofertades na vosa tenda?

Non é un proceso longo, pero sí bastante tedioso, xa que recibimos varios mostrarios de miles de deseños. A partir de aí, o noso traballo consiste en seleccionar os modelos que máis se axustan ás características que buscamos nos nosos productos, tendo sempre en conta ademáis as modas e tendencias de cada tempada. Facémolo con moito cariño e meticulosidade, sempre pensando nos nosos clientes. O primordial para nós é que atopen o que buscan cando nos visitan.

Cales son as características do voso producto? Para nós, un producto ten que reunir 4 requisitos básicos para pasar a formar parte da nosa oferta.

Primamos a fabricación nacional, xa que nos ofrece unha garantía de máxima calidade. Ademáis, sempre procuramos que o calzado que seleccionamos sexa cómodo e se axuste ás tendencias de deseño de cada momento. A todo isto sumámoslle un prezo o máis axustado posible.

A suma destas catro características é o que nos permite que os nosos clientes se atopen no noso establecemento cun producto que ten unha relación calidade-deseño-comodidade-prezo inmellorable.

Por que cres que os vosos clientes repiten?

Temos clientes que levan anos acudindo a nós. A razón principal é a selección de productos que lles ofrecemos, cumplindo sempre con esas catro características principais de calidade, prezo, deseño e comodidade. Pero tamén poñemos moito empeño en ter unha atención ao cliente exquisita e moi personalizada, queremos que salgan 100% satisfeitos da nosa tenda, e creo que o conseguimos!

Non vos perdades as súas redes sociais e estaredes sempre á última!