BLOG

Entrevista a Ana, de Clochett Íntimo

En Clochett Íntimo podemos atopar as últimas tendencias en lencería, moda baño, pixamería e complementos.

Hoxe estamos con Ana, propietaria de Clochett Íntimo, unha tenda de lencería, pixamería e complementos ubicada no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Ana, emprendedora precoz, achegaranos máis información sobre os produtos que podemos atopar no seu establecemento, así como das características máis importantes dos mesmos.

Bo día Ana, cóntanos como e cando naceu Clochett?

Clochett naceu hai case 10 anos, cando eu tiña  tan só 21 anos. Despois duns anos traballando por conta allea, decidín tirarme á piscina do emprendemento. Atopei un local no Pontiñas que chamaba moito a miña atención, e detectei que unha lencería sería o negocio perfecto. Grazas ó apoio da niña familia dinlle forma  ás miñas ideas eAquí estamos!

Cóntanos, que podemos atopar na túa tenda?

En Clochett podes atopar moda íntima, pixamería e complementos, tanto para home como para muller. Dependendo da época do ano, especializámonos nuns ou noutros artigos. No verán, a moda e complementos de baño son o que predominan, mentres que no inverno a demanda céntrase máis na pixamería e roupa de casa.

Que diferencia a Clochett Íntimo?

Varias cousas. A primeira é a relación calidade-prezo dos nosos produtos. Para nós é primordial ofrecer un produto excelente e cun prezo axustado, polo que traballamos con marcas de primeira liña que nos ofrecen esa garantía. Ademáis, o noso catálogo é moi amplo e variado, sempre cun toque xuvenil e seguindo as tendencias, xa que o actualizamos cada 2 semanas.

Cal é a vosa especialidade?

Sen dúbida, a corsetería e a moda baño. Ademáis de buscar que cada prenda teña un axuste perfecto e sexa da máxima calidade posible, ofrecemos ás nosas clientas un servicio de asesoramento personalizado co fin de que atopen a súa talla e forma perfectas. Unha prenda interior cunha talla equivocada pode chegar a provocar incluso problemas de saúde. A lencería pasou de ser algo que tratábamos de ocultar o máximo posible, a cobrar protagonismo nos estilismos, por eso é tan importante para nós actualizar continuamente a nosa oferta e estar á última.

Tedes unha clientela moi fiel, a que cres que se debe?

Polo xeral, os nosos clientes conocen o noso produto e veñen case a tiro fixo. Ano tras ano veñen buscando esas medias, ese conxunto de lencería, ese pixama ou ese bañador que saben que poden atopar en Clochett e que vai a satisfacer as súas necesidades.

Ademáis, si non temos algúnha talla ou modelo en stock, encargámolo sen ningún tipo de compromiso e garantizando uns plazos de entrega mínimos.

Para nós, a satisfacción dos nosos clientes é o principal, e traballamos cada día para seguir ofrecendo un catálogo de produtos variado e moi en tendencia, para cubrir as necesidades e gustos de cada persoa que nos visita.

Botádelle un ollo ñas redes sociais de Clochett Íntimo e conocede o seu amplo catálogo de produtos.

REBAJAS‼️ Bikini 19,20€ – talla 85 y 100Sandalias 12,75€ – 36-37-38-41

Publicada por Clochett Intimo Pontiñas en Viernes, 26 de julio de 2019