BLOG

Entrevista a Maribel, de Inmobiliaria Pontiñas

En Inmobiliaria Pontiñas son especialistas en axilizar os trámites para a compravenda de inmobles.

Hoxe estamos con Maribel, propietaria de Inmobiliaria Pontiñas, unha oficina de compravenda de inmobles ubicada no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Maribel achegaranos máis información sobre os productos e servizos que podemos atopar no seu establecemento.

Bo día Maribel, como e cando naceu Inmobiliaria Pontiñas?

Despois de 15 traballando por conta allea no sector inmobliliario, e debido en grande parte á crise económica que nos tocou vivir, no 2012 decidín dar o paso de emprender e poñerme á fronte da niña propia oficina, ubicada xa no Centro Comercial Pontiñas, un emprazamento ideal pola comodidade que nos ofrece a nós e á nosa clientela.

Cóntanos, que podemos atopar na túa oficina?

En Inmobiliaria Pontiñas adicámonos á compravenda e alugueiro de todo tipo de inmobles, dende vivendas a locais comerciais ou terreos en Lalín e a súa zona de influencia. Traballamos con inmobles do Grupo Framiñán, do SAREB e de calquer particular interesado en vender as súas propiedades, sen ningún tipo de coste ata o momento da venda do mesmo.

Que diferencia a Inmobiliaria Pontiñas?

Gústanos axudar ás persoas a atopar o que buscan e/ou precisan, e sempre buscamos facilitar o proceso o máximo posible. Ocupámonos de atopar a mellor financiación e intermediamos cos bancos, xestionamos altas e baixas de suministros, enviamos todos os papeis á notaría e ó rexistro, axudamos a que vendedor e comprador negocien o prezo do inmoble, e resolvemos todas as dúbidas que lles podan surxir.

O sector inmobiliario foi un dos máis afectados pola crise, como é a situación actual?

Dende hai 2 anos notamos unha recuperación moi positiva. A xente de 30-35 anos estase animando máis a mercar vivienda, e en canto ao aluguer, hoxe por hoxe hai máis demanda ca nunca, debido en gran parte ao aumento de postos de traballo na nosa comarca.

Tedes unha clientela moi fiel, a que cres que se debe?

Principalmente, cremos que é debido á familiaridade e a empatía coa que os tratamos. O noso obxectivo é que cada persoa que se achegue a nós atope o que busca, a un bo prezo e cunhas condición excelentes. Ademáis de facilitar todo o proceso, dende a búsqueda de financiación ata todo o que vén sendo o “papeleo”, ofrecemos unas garantías de calidade e cumprimento das condición para ámbalas partes. Actuamos como intermediarios sempre que é preciso, e ocupámonos de xestionar calquer tipo de problema que poda surxir, antes, durante e despois dun proceso de compravenda ou aluguer.

En definitiva, tratamos de facerlle a vida máis doada aos nosos clientes e por eso repiten e nos refiren a familiares a amigos.