Run Rock, a fondo.

En Run Rock podemos atopar marcas exclusivas, complementos feitos a man e prendas cheas de personalidade e estilo.

Hoxe estamos con Amelia, que xunto ca súa nai Isabel rexenta a tenda Run Rock no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Unha moza con espírito viaxeiro e cun gusto especial para a moda, que se ocupa de achegarnos as últimas tendencias tempada tras tempada.

Bo día Amelia, en poucos días celebrades o voso 5º aniversario, como naceu Run Rock?

A miña nai levaba moitos anos ligada ó mundo do textil a través doutras empresas. Case podería dicir que eu nacín entre roupa.

Pouco a pouco a moda foise convertindo nunha paixón compartida e un bo día decidimos darlle forma aos nosos soños. É un privilexio poder traballar man a man con ela. 

Que tipo de productos ofrecedes?

Moda casual para home e muller e para todos os estilos, dende o máis clasico ao máis desenfadado, e cunha gran variedade de tallas. Traballamos con marcas internacionais exclusivas na comarca, como Free People, Replay, Naf Naf ou Superdry. A nosa especialidade son os vaqueiros e a moda denim, e tamén temos complementos feitos a man como as famosas botas camperas de La Mexicana.

Todas as vosas prendas teñen algo especial …

Si. Ademáis da exclusividade que ofrece este tipo de marcas, todas as prendas que ofrecemos son dunha calidade superior tanto en tecidos como en deseño e corte. Son algo máis que unha simple peza de roupa, son inversións. Buscamos pezas atemporais e duradeiras, fuxindo do concepto da moda de “usar e tirar”.

Cómo se ve reflexada a vosa paixón pola moda na tenda?

Poñemos especial empeño en achegar ós nosos clientes as últimas tendencias. Para elo viaxamos e movémonos para introducir nova mercancía constantemente. Tamén nos preocupamos por ofrecer un bo asesoramento aos nosos clientes, aconsellándolles e axudándolles a atopar aquelas prendas que mellor lles sentan. Non nos gusta que a xente se vista como fotocopias, polo que ofrecemos exclusividade ós nosos clientes, tanto dentro da tenda, polo tipo de productos que ofrecemos, como fóra, intentando non vender por exemplo a mesma prenda a 2 persoas cercanas.

Como estades a vivir o cambio dixital?

Intentamos adaptarnos aos tempos que corren. Por exemplo, facemos envíos a toda España a través das nosas redes sociais, nas que somos moi activas. Cremos que a adaptación aos novos tempos é imprescindible, pero sen deixar de lado a tradición e o comercio local.

Hoxe en día é moi complicado competir co comercio online e cas grandes cadeas textiles, asique traballamos moito para ser diferentes e punteiros en tendencias. Ofrecendo calidade, exclusividade, e ese asesoramento personalizado e sincero que non podes atopar noutros sitios.

Aquí o cliente é o verdadeiramente importante, e a moda o motor das nosas vidas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *