Pontiaxuda, iniciativa solidaria

As nosas instalacións foron escenario onte pola tarde da presentación dunha nova edición de » Pontiaxuda», unha iniciativa solidaria con xa seis anos de percorrido.

Á presentación desprazáronse r epresentantes de todos os colectivos colaboradores;
Karen (en representación do Concello de Lalín), Andrés Bahillo ( director xerente do Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis), Rocío Diez (presidenta da Asociación O Mencer) Ernesto García (secretario de Asociación O Mencer) Mario (Hipermercado Gadis ) e Angy Ojea (monitora de zumba e coorganizadora do zumbathon benéfico que terá lugar o vindeiro domingo día 15 de decembro).

A Pontiaxuda é unha iniciativa que medra de xeito exponencial “cada vez notamos máis a solidariedade dos nosos veciños, e iso vese reflectido na cantidade de alimentos que recollemos cada ano. Por suposto, sabemos que este non será menos e esperamo bater records de doazóns” palabras de Andrés Bahillo, Director Xerente do Centro Comercial.

Durante toda a campaña do Nadal quen o desexe pode facer a súa achega tan só depositándoa no baúl situado nas inmediacións do Hipermercado Gadis, dentro do Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *