Medidas de seguridade no Clube Infantil Pontiñas

Medidas hixiénico – sanitarias

Seguindo as medidas establecidas polas Autoridades Sanitarias, establécense as seguintes indicacións para levar a cabo o campamento:

Medidas xerais:

– Manter distancia de seguridade de 1,5 m

– Ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado

– Usar panos desbotables e tiralos tras o seu uso.

– Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.

– Non se permitirá a continuidade de ningún participante que presente sintomatoloxía da COVID-19 durante o transcurso do Servizo.

– De presentarase algún caso da enfermidade (confirmado) durante o campamento, este Servizo será suspendido, informando ás familias participantes e actuarase de acordo ao Protocolo establecido polas Autoridades Sanitarias correspondentes.

Medidas nas instalacións:

– Extremarase a limpeza nas instalacións onde se leve a cabo o Servizo.

– Desinfectarase o material empregado polos/as participantes cada día.- Ventilarase a miúdo.

– As portas manteranse abertas con cuñas para evitar o contacto cos pomos das mesmas.Medidas individuais:

– Todos/as os/as participantes deberán acudir ao Servizo con mascarilla (participantes e monitorado).

– Os/as participantes deberán acudir ao servizo, na medida do posible, só acompañado/a por un adulto. O mesmo criterio será para a súa recollida.

– Toma de temperatura e rexistro diario aos menores por parte das súas familias antes de saír da súa casa. De ter máis de 37º, non poderá acudir ao servizo nesa xornada. A febre tamén poderá ser tomada por persoal do servizo ante a dúbida de febre por parte do/a menor.

– Hixiene de mans frecuente con solución hidroalcólica e realizar lavado de mans cando menos ao cambiar de actividade, antes e despois das merendas e despois de ir ao lavabo.

– Evitar coller pertenzas alleas ou compartir material individual.- Estará prohibido compartir mochilas, menaxe, comida…

– De producirse un contaxio na unidade familiar dalgún participante, esta debe comunícalo coa maior brevidade posible aos responsable do servizo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *