Todo Motor- Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis

Entrevista a Rubén, de Todomotor SC

Todo Motor é o único taller que fai conversións GLP na comarca do Deza.

Hoxe estamos con Rubén, propietario de Todo Motor, un taller mecánico ubicado no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis. O único taller en toda a comarca en facer conversións GLP.

Rubén, experto en mecánica, achegaranos máis coñecementos sobre estas conversións e sobre as promocións que hoxe en día ten no seu taller mecánico.

Bo día Rubén, cóntanos, en qué sodes especialistas en Todo Motor?

En Todo Motor somos un taller mecánico que realiza calquera tipo de reparación de vehículos, cambios de neumáticos, limpezas, etc. Pero se algo nos diferencia é a conversión de vehículos a gas.

Cóntanos, en qué consiste esa conversión GLP?

Podemos transformar calquera tipo de vehículo a partir do ano 2000 de gasolina a gas.
A instalación consiste en dotar o vehículo dunha centralita e tanque de gas que, de xeito automático, permita que o vehículo acenda a gasolina e (a partir dos 30 grados) pase a consumir gas.

Esta instalación, canto tempo tarda en facerse?

Habitualmente facémolo en dous días. A partir de que a nosa instalación se faga o coche pasa a consumir gas dexeito automático.

E que custo ten facer a conversión no voso taller?

O prezo da instalación total para deixar o vehículo a punto son, aproximadamente, 1200 euros. Realmente o custo é baixo xa que o aforro que se consegue facendo a conversión é elevado.

O prezo actual do gas e practicamente a metade que o da gasolina e o consumo do vehículo é o mesmo, co cal o aforro facendo os mesmos kilómetros e practicamemente do 48%.

Entón a conversión é unha medida moi eficazde aforro.

Certo. Se tes un vehículo que fai 6000 kms ao ano xa che compensa económicamente facer o cambio.

E non só iso, esta conversión tamén che permite ter un vehículo máis respetuoso co medioambiente xa que os niveles de contaminación do gas son moito menores. Este tipo de vehículos poden circular por Madrid, teñen nalgunhas comunidades impostos de circulación máis baixos e incluso hai lugares onde a zona azul é gratuita para eles.

Recomendas entón para unha persoa que teña un coche a gasolina realizar este tipo de conversión?

Sen dúbida se busca un vehículo máis ecolóxico e con máis aforro a conversión é unha boa opción. En calquera caso, se teñen dúbida poden achegarse polo noso taller e preguntar sen compromiso.

Pasádevos polas súas redes socias e páxina web para informarvos de todo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *