Entrevista a Silvia, de Coqueterías Lalín

Coqueterías Lalín ofrece un amplísimo surtido de bixutería e complementos para todas as idades.

Hoxe estamos con Silvia, propietaria de Coqueterías Lalín, unha tenda de bixutería e complementos ubicada no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis. En Coqueterías podemos atopar un amplo surtido de artigos para todas as idades e sexos.

Silvia achegaranos máis información sobre o que podemos atopar no seu establecemento, e as características máis importantes dos mesmos.

Bo día Silvia, en qué sodes especialistas en Coqueterías Lalín?

Somos unha tenda de bixutería, prata e complementos para todas as idades e sexos. Dende os máis pequenos aos máis maiores da casa poden atopar no noso local ese artigo que están buscando. Ademáis a nosa especialidade son os productos personalizados e feitos a medida, seguindo os gustos e peticións dos nosos clientes.

Cóntanos, cómo se fai a selección dos productos que ofertades na vosa tenda?

Unha das cousas que máis nos diferencia é que actualizamos a nosa oferta de producto cada semana. Continuamente nos estamos informando acerca das tendencias, e escollemos aqueles artigos de moda que cremos que se poden adaptar mellor aos gustos da nosa clientela. Ademáis, cada estación podemos atopar unha ampla gama de productos propios, como as capas no inverno ou os sombreiros no verán.

Que nos atopamos nunha visita ó voso establecemento?

Sen dúbida, o que máis chama a atención da nosa tenda é a cantidade e a variedade de artigos dos que disponemos. Cada un deles está escollido con cariño e sempre pensando nos nosos clientes.

Temos a exclusividade da marca Cuchicuchi para Galicia, complementos elaborados en prata e materiais nobles totalmente personalizables.

Estes artigos teñen moito éxito en datas especiais e tamén como agasallo para invitados. Aos máis pequenos encántanlles os productos de licencias de debuxos animados, e os máis maiores da casa atopan artigos cun aire máis clásico.

Temos de todo, e para todos, a uns prezos moi competitivos e con boa calidade. E se non temos o que buscas, facémoscho!

Por que cres que os vosos clientes repiten?

Por varias razóns. A primeira é a comodidade que ofrece o centro comercial, a cuberto e con parking gratuito.

Por outra banda, preocupámonos moito por coñecer á nosa clientela para ofrecerlle aqueles productos que máis se poden adaptar ao que eles veñen buscando. E por último, a atención ao cliente, que é primordial para nós. Non buscamos a venta a calquer prezo, senón acadar a satisfacción e a conseguinte fidelización dos nosos clientes.

Seguide a Coqueterías nas redes sociais e coñecede as últimas tendencias en complementos.

Buenas tardes!!! 😄Se aproximan días de mucho calor,😅asi que nosotras os proponemos este look con complementos veraniegos, para que vayáis cómodas y con estilo. 😍 Os gusta??? 😉

Publicada por Coqueterias Lalin en Miércoles, 29 de mayo de 2019

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *