
Abrimos un campamento infantil na nosa zona de ocio de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.
Coa colaboración de Acode Educa creamos un espazo seguro onde os máis cativos da casa poidan pasar as mañáns e tardes de verán.
De mércores a venres en horario de mañá e tarde: 11.00h-13.30h 17.00h -21.00h e os sábados únicamente de mañá entre as 11.00h e as 14.00h.
Cada un desos días teremos un calendario de actividades no que estarán dous monitores e onde o aforo estará limitado a 30 cativos de entre 3 e 12 anos.
Deste xeito podes deixar aos cativos no clube infantil durante un ratiño ou durante todo o día. Sempre estando nel con todas as medidas de seguridade.
Como podes participar?
Se fixeches algunha compra superior a 15€ no centro comercial, pasar o día no clube é totalmente de balde. E se non fixeches ningunha compra tan só debes abonar 3€ e poderás asistir durante todo o día.
Globoflexia, contacontos, e manualidades son tan só unha mostra de todas as actividades que poderás ter durante as próximas semanas!