BLOG

blog

Entrevista a Inés, de Alda Nenos

Alda Nenos é a única tenda que confecciona moda infantil de marca propia na comarca.

Hoxe estamos con Inés, propietaria, xunto coa súa irmá Pia, de Alda Nenos, unha tenda de moda infantil ubicada no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis. A única tenda na comarca que deseña e confecciona moda infantil de marca propia.

Inés, especialista en patronaxe e deseño, achegaranos máis información sobre o que podemos atopar no seu establecemento, así como dos procesos e custos da confección dunha prenda tan especial como a de cerimonia.

Bo día Inés, cóntanos, en qué sodes especialistas en Alda Nenos?

Alda Nenos é unha tenda de moda infatil de deseño e confección propia especializada en prendas de cerimonia. Comunións, arras, bautizos, … Dámoslle forma ás ideas que os nosos clientes traen na cabeza para vestir ós máis pequenos neses días tan especiais.

Cóntanos, cómo é o proceso de cración dunha prensa de ceremonia infantil?

O proceso comeza cunha visita dos nenos e os seus pais. A partir de aí deseñamos e confeccionamos a prenda a medida e totalmente adaptada aos gustos e necesidades de cada neno. Cada traxe ou vestido é totalmente único. Esa exclusividade é unha das características que máis nos diferencian da competencia.

Cánto tempo se tarda en entregar unha prenda destas características?

Habitualmente traballamos cunha reserva duns 2-3 meses de antelación. Dende a primeira proba, a prenda tarda en entregarse totalmente rematada uns 3 ou 4 días. Temos uns tempos de entrega moi bos,o que tamén incide positivamente na experiencia de compra dos nosos clientes.

E que custo ten esa exclusividade nos deseños?

Traballamos cunha relación calidade-prezo realmente boa. Un vestido de comunión pode arrincar nuns 300€, e un traxe para neno a partir de 230€. En canto aos traxes de arras, temos opcións dende os 140€, e para bautizos, arrincamos nuns 175€.

Por que cres que os vosos clientes sempre repiten?

Porque poñemos moito cariño no que facemos. Temos a sorte de traballar nalgo que verdadeiramente nos apaixoa, e eso nótase en cada prenda. Coidado en cada detalle, cortes perfectos, rematados impecables, … Poñemos todo da nosa parte para que cada prenda sexa sinxelamente perfecta.

Non vos perdades as súas redes sociais e páxina web para estar ao tanto de todo o que fan!

Diferente, fresco y comodo. Son niños ALDA NENOS.

Publicada por Alda Nenos en Domingo, 4 de agosto de 2019
View this post on Instagram

CEREMONIA ALDA

A post shared by Alda (@aldanenos) on

Entrevista a Rubén, de Todomotor SC

Todo Motor é o único taller que fai conversións GLP na comarca do Deza.

Hoxe estamos con Rubén, propietario de Todo Motor, un taller mecánico ubicado no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis. O único taller en toda a comarca en facer conversións GLP.

Rubén, experto en mecánica, achegaranos máis coñecementos sobre estas conversións e sobre as promocións que hoxe en día ten no seu taller mecánico.

Bo día Rubén, cóntanos, en qué sodes especialistas en Todo Motor?

En Todo Motor somos un taller mecánico que realiza calquera tipo de reparación de vehículos, cambios de neumáticos, limpezas, etc. Pero se algo nos diferencia é a conversión de vehículos a gas.

Cóntanos, en qué consiste esa conversión GLP?

Podemos transformar calquera tipo de vehículo a partir do ano 2000 de gasolina a gas.
A instalación consiste en dotar o vehículo dunha centralita e tanque de gas que, de xeito automático, permita que o vehículo acenda a gasolina e (a partir dos 30 grados) pase a consumir gas.

Esta instalación, canto tempo tarda en facerse?

Habitualmente facémolo en dous días. A partir de que a nosa instalación se faga o coche pasa a consumir gas dexeito automático.

E que custo ten facer a conversión no voso taller?

O prezo da instalación total para deixar o vehículo a punto son, aproximadamente, 1200 euros. Realmente o custo é baixo xa que o aforro que se consegue facendo a conversión é elevado.

O prezo actual do gas e practicamente a metade que o da gasolina e o consumo do vehículo é o mesmo, co cal o aforro facendo os mesmos kilómetros e practicamemente do 48%.

Entón a conversión é unha medida moi eficazde aforro.

Certo. Se tes un vehículo que fai 6000 kms ao ano xa che compensa económicamente facer o cambio.

E non só iso, esta conversión tamén che permite ter un vehículo máis respetuoso co medioambiente xa que os niveles de contaminación do gas son moito menores. Este tipo de vehículos poden circular por Madrid, teñen nalgunhas comunidades impostos de circulación máis baixos e incluso hai lugares onde a zona azul é gratuita para eles.

Recomendas entón para unha persoa que teña un coche a gasolina realizar este tipo de conversión?

Sen dúbida se busca un vehículo máis ecolóxico e con máis aforro a conversión é unha boa opción. En calquera caso, se teñen dúbida poden achegarse polo noso taller e preguntar sen compromiso.

Pasádevos polas súas redes socias e páxina web para informarvos de todo!

Os mellores agasallos para mamá

Se buscas os mellores agasallos para Mamá, sen dúbida algunha podes atopalos en Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Aqui che deixamos un directorio de 10 ideas de agasallos que podes atopar, na súa totalidade nas nosas tendas do Centro Comercial.

Unha xoia, para outra xoia.

Se estás a buscar un agasallo duradeiro, de calidade e con un gran significado simbólico, unha xoia pode ser o agasallo que buscas. Dende unha pulseira de Pandora, até un reloxo en plena tendencia como pode ser Cluse. No noso centro poderás atopar estas e outras variedades na Joyería López Romero, que conta con páxina web para comprar do xeito máis cómodo para ti.

Agasallos personalizados

Queres personalizar o agasallo para mamá? Tes moitos xeitos de facelo. En Fotografía Bernabé atoparás, coxíns, taciñas, albumes e todo tipo de accesorio susceptible de ser personalizado cos detalles que ti queiras incluír. Tamén podes buscar o teu agasallo Coqueterías que conta con pulseiras, chaveiros, carteiras que poden ser personalizados incluíndo frases, nomes ou incluso debuxos.

Tempo

Un dos mellores agasallos, adicar tempo. Hoxe en día, que todo vai con tanta presa dalle a túa nai o que, probablemente, máis necesite, tempo para desfrutar de ti. Ademáis, en Lalín atoparás moitas opcións de ocio para pasar o día con ela.

Zapatos, sempre son un bo agasallo

Con estilo, elegantes, cómodos, sport, ou de street. Sempre hai uns zapatos esperando por ti. Elixe o estilo que máis che gusta e atoparás o que precisas na nosa variedade de tendas, dende Huella até Street Factory ou Boutique Atly.

Uns bos bombóns

Non teño regalo e necesitoo para mañá. Sempre podes recurrir a uns bombóns. En Gadis atoparás unha gran selección deles preparados para os estómagos máis exquisitos.

O elemento de decoración que tanto quería

Dende Bertha Hogar a Cassa Chic. Atopa candelabros, espellos de decoración, mesiñas auxiliares ou mantiñas, lampariñas e calquera elemento de decoración que estaba tola por conseguir.

Mimos, con experiencias.

Regala experiencias, tempo para ela. Dende coloracións, ata tratamentos faciais, pasando por bronceados ou os produtos máis sofisticados. Todo isto atoparás en Rossa Sixto Estilistas.

Moda

Ese abrigo para o que fai tanto tempo desexaba, ou aquel complemento que buscaba pero non atopaba. Busca o elemento que máis lle guste entre unha grande variedade de marcas. No noso centro poderás atopala nas tendas Run Rock ou Bloom.

Un bo libro

¿Que é o que máis lle gusta ler? Libros de aventuras, de cultura, novelas románticas, poesía… Atopa o libro perfecto para ela. En Gadis poderás atopalo.

Un perfume

Nunca falla, un perfume da marca que máis lle guste ou un pack con cremiñas incorporadas. Escolle o tamaño máis axeitado. En Fegus perfumerías atoparás tamén cremas, packs de xabóns e outros accesorios que che poden dar ideas dun bo agasallo.

Doces Turcos en Pontiñas

Achégate ás nosas instalacións para probar deliciosos doces turcos no posto Istambul Istambul situado en fronte ao Hiper Gadis.


No posto atoparás unha grande variedade de doces. Dende pasteliños feitos a base de finas capas de pasta alternadas con froitos secos e mel a doces feitos de froitas desidratadas naturais e outros feitos a partirde zume de froitas naturais.

Poderás gozar destas delicias durante todo o mes de abril nas nosas instalacións.