BLOG

blog

PontiPista de Xeo Lalín 2021

Seis anos despois volve  PontiPista de Xeo a Lalín, ao Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

O Concello de Lalín e o Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis inauguraban o pasado 2 de decembro a PONTIPISTA DE XEO DE LALÍN, unha gran pista de xeo que está ubicada na explanada do centro comercial e que terá unha vixencia entre os días 2 de decembro e 8 de xaneiro.

O Concello de Lalín e o Pontiñas CcyO Gadis, no seu empeño por facer de Lalín un lugar máxico no Nadal, aposta pola explotación dunha pista de xeo cuberta na que os cativos e cativas de Lalín, os xóvenes, e as familias teñan un lugar para desfrutar do Nadal.

Horario:

  • Do 2 de decembro ao 22 de decembro; de luns a venres de 17h a 21h. Sábados, domingos e festivos de 11h a 21h.
  • Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro; de luns a domingo de 11h a 21h.
  • Horarios especiais para os días 24,25, 31 dedecembro e 1 de xaneiro.

Colexios:

Ademáis, a pista de xeo conta cun prezo especial para colexios e os seus cativos e cativas, que poden asistir en horario de mañá é cun prezo especial de 2€ cada entrada. Se estás interesado/a tan só tes que enviar un email á dirección pontinas@pontinas.es

Inauguración PontiPista de Xeo

Prezos:

A entrada xeral para a pista de xeo será de 5,5€/unidade, aínda que mercando nos establecementos do Centro Comercial poderás gañar entradas de balde.

Parking

Non terás problema de aparcamento no noso Centro Comercial que conta con parking interior e exterior así como de todos os servizos que poidas precisar.

Aperturas extraordinarias

Coñece o noso calendario de Nadal coas aperturas extraordinarias que teremos en decembro e xaneiro.

Abrimos os seguintes domingos de decembro:

  • Domingo 13
  • Domingo 20
  • Domingo 27

E en xaneiro:

  • Domingo 3

E todo isto engadindo todas as medidas de seguridade para facer das túas compras unha experiencia segura e cunha morea de sorpresas que nos axudan a facer deste Nadal, un Nadal Máxico!

Visita o Pontiñas para facer as túas compras de Nadal.

Pontiñas Centro comercial y de Ocio Gadis

O noso Centro

Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis atópase no corazón de Galicia, en Lalín. Conta cunha galería comercial, restauración e as máis modernas instalacións, con aparcadoiro de balde, rede wifi e todo o centro climatizado, ofrece todo o que unha superficie comercial pode dar en Galicia.

Sobre Lalín

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados.

A sétima Aldea de Nadal.

Aldea dos Contos en Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis

Creamos a nosa Aldea dos Contos enmarcada dentro das Aldeas de Nadal do Concello de Lalín. 

A Aldea dos Contos, inspirada na importancia da lectura e da maxia que  conteñen os contos e libros, foi deseña por Luchi Iglesias, coa aportación de imaxe de Armindo. 

A Aldea dos Contos está enmarcada dentro do percorrido das Aldeas de Nadal, así que o seu tren turístico fai parada no Centro e dende aí pode subirse ou baixarse calquera dos seus pasaxeiros.  A parada está pensada para 

Tres son as casiñas que conforman esta aldea que se pode ver na zona de ocio do propio centro comercial. 

Actividades

Na nosa programación incluímos dous días de Contacontos en varias sesións, da man de Urdime, o domingo 19 de decembro e o martes 4 de xaneiro. 

  • 19 decembro: Pontiñas e Atenea García con Bichocas con tres pases, un de mañá e dous de tarde, sendo as horas 12.30h, 17.30h e 19.30h. 
  • 4 de xaneiro: Pontiñas e Inacio Vilariño con O Espantamendos con tres pases, un de mañá e dous de tarde, sendo as horas 12.30h, 17.30h e 19.30h. 

Horarios extraordinarios fin de semana

Os nosos establecementos adaptan os seus horarios á normativa vixente, quedando nos días de sábado e domingo do seguinte xeito:

HORARIOS EXTRAORDINARIOS SÁBADO

-Hipermercado Gadis 9.00-21.30

Ciclonmatic Lavandería autoservicio 9:00h-21.30h

-Gasolinera Fervi 8.30h – 22:30

-Parafarmacia Fegus 10.00h-14.00h  16.00h-21.00h

Best Kebab (Só recollidas) 12.30h-21.30h

-Rossa Sixto 10.00h – 21.00h

-Visionlab 10.00h – 14:00 h e 16:00 a 21:00

-Clínica Villanueva 10.00 – 14:00 e 16:00 a 20:00

-Expendedoras Gerlo 9.00 -21:30h

HORARIOS DOMINGO

Best Kebab (Só recollidas) 12.30h-21.30h

Ciclonmatic Lavandería autoservicio 11:00h-21.30h

Expendedoras Gerlo 11:00-21:30