pontiñas 5 ideas de agasallos diy

5 Agasallos para o día da nai que podes facer na túa casa.

Xuntar á familia arredor dunha mesa,  cunha boa comida e, sobre todo, cunha boa compañía para celebrar todos xuntos o día da nai é un momento que este ano, só podemos recordar.

Aos que teñen a sorte de estar coas súas nais este domingo, alegrámonos profundamente por vós e desexámosvos centos de sorrisos cómplices!

Aos que durante este domingo pensarán nas súas nais desexando que todo isto remate para celebrar este día con elas, moito ánimo! Cada vez o fin desta situación semella estar máis preto.

Ideas de agasallos para o día da nai

Hoxe traémosche cinco ideas de agasallos para sorprender a túa nai sen moverte da casa!

Esperamos que che gusten e se fas algún deles, por favor, compárteo connosco!

Ramo de rosas de papel

Un agasallo co que, de seguro, triunfarás é un ramo de rosas feito de papel.

Só precisas:

  • Cartulina branca, verde e do color preferido de mamá.
  • Un cartón
  • Pegamento ou, preferiblemente, silicona.

Como facelo? No seguinte tutorial ensínanche paso a paso!

Xarrón personalizado

Nunca son suficientes os xarróns!

Por iso, outra das ideas que se nos ocorre, é reciclar unha lata ou varias e facer delas, xarróns personalizados!

Precisarás: 

  1. Unha lata ou varias (ocórresenos latas de guisantes, por exemplo).
  2. Pintura 
  3. Un laciño, cartulina, puntilla ou  o que se che ocorra para personalizala. 

📸https://www.pinterest.es/pin/651825746040700755/

💡blogmujer.net

Marcapáxinas

Agora que podemos ler, ocórresenos un agasallo ideal!

Facer un marcapáxinas personalizado para que tua nai te poida ter presente sempre que lea. 

Precisarás:

  • Periódicos, unha cartulina, unha fotografía recortada, o que se che ocorra!
  • Un laciño, ou un anaquiño de tela para que quede máis adornado.

📸https://por4pavos.com/haz-tu-propio-marcapaginas/

Cofre do tesouro

Deixemos voar a imaxinación e, sobre todo, fagamos algo entretido. 

Para este agasallo precisas: 

  1. Unha caixiña que faga coma de cofre do tesouro. 
  2. Un mapa feito por ti onde se explica onde está o tesouro. 
  3. Un agasallo que pode ser calquera dos anteriores citados ou simplemente unha carta cunha bonita dedicatoria. 

Nesta ocasión, tan só lle terás que entregar a túa nai o mapa do tesouro e… canto máis difícil llo poñas… máis entretida estará!

Vale Agasallo

Agora que os comercios locáis favoritos de mamá están pechados. O mellor agasallo para ela será que ti mesma elabores un vale agasallo #especialconfinamento para a súa tenda favorita.

Unha vez remate todo isto, de seguro poderá mercar na súa tenda preferida!

Se o ano pasado dicíamos que un dos mellores agasallos é adicarlle tempo ás nosas nais, este ano, repetímolo. Se algo nos ensinou este confinamento é o ver e abrazar á quenes queremos. E iso, non hai agasallo que o iguale!

Feliz semana a todxs!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *