12/12/2013  EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS... PONTIAXUDADende decembro Pontiñas CC y de Ocio Gadis mantén vixente a segunda edición de PONTIAXUDA, unha campaña solidaria coa que se pretende fomentar entre os clientes a entrega de alimentos non perecedoiros que se destinarán para as familias necesitadas do municipio.

Apoiados por un grupo de colaboradores representados polo Concello de Lalín a asociación solidaria O Mencer, Arlit e Gadisa Pontiñas CC y de Ocio Gadis quere manifestar o seu apoio a poboación de Lalín reactivando unha campaña que fai uns meses obtivo uns excelentes resultados de recadación de alimentos.

Como se pode participar?. O sistema é moi sinxelo: instalouse un colector para depositar a comida situado na entrada do Hipermercado Gadis desta gran superficie lalinense. Calquera persoa que acuda ao centro e realice unha compra de alimentos pode doar o que poida depositando alimentos non perecedoiros nese colector. A organización e demais voluntarios controlarán a recollida destes alimentos obtidos para finalmente ser destinados aos máis desfavorecidos.

Dende o noso centro comercial queremos destacar o respaldo importante de GADIS, empresa que sempre se volcou connosco en eventos organizados ou nos que colaboramos, e que entregará hoxe un importante lote de produtos alimenticios moi necesarios e destinados ás familias máis desfavorecidas do noso ámbito, xesto xeneroso co que pretende axudar a superar estes momentos tan difíciles que estamos a vivir.

Tamén estendemos o noso agradecemento á inmediata e voluntaria resposta da Asociación O Mencer, cuxa xestión é tan necesaria e eficaz ademais de próxima, non menos que o departamento xestionado pola Concelleira de Benestar e Servizos Sociais, Paz Pérez, sempre envorcado con estes e outros proxectos para protexer os máis vulnerables.

Máis información en https://www.facebook.com/media/set/?set=a.719900911354457.1073741851.597131730298043&type=1

Ver a tamaño real