29/05/2013  CINE DE VERÁN CON FILMAX PONTIÑAS E PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS...Filmax Pontiñas levará a cabo unha promoción de Cine de Verán, similar á realizada por Pontiñas o verán pasado.

Durante os meses de xuño, xullo e primeira semana de agosto proxectará unha serie de películas infantís para desfrute dos nosos clientes.
As proxeccións serán os xoves e venres ás 18:00 horas e sábados e domingos ás 16:15 horas.

Cada semana unha película distinta e na que se poderá escoller o día máis conveniente para vela, entre os días e horas indicadas.

Por cortesía de Cines Filmax Pontiñas Pontiñas CC y de Ocio Gadis repartirá entre os seus clientes 30 entradas como en anteriores ocasións: os clientes terán que presentar un tícket de 20 € en horario de oficinas (de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 de luns a venres) nas oficinas de xerencia e entregaránselles dúas entradas para a película.

Durante o fin de semana poderanas recoller no cine (a partir das 16:15 horas). Cada semana se darán entradas unicamente para a película en curso.

A promoción comeza o mércores 29 de maio e durará ata o fin de existencias (das 30 entradas dispoñibles) para cada película.

Non se reservarán entradas e entregaranse por rigorosa orde de chegada.

Unha vez finalizadas as entradas gratuítas, poderanse comprar por 3,50 € no cine.

O listado de películas e días é o seguinte:

30 de maio a 2 de xuño, BLACKIE Y KANUTO; 6 a 9 de xuño, EL REY LEÓN;
13 a 16 de xuño, UP;
27 a 30 de xuño, COPITO DE NIEVE;
11 a 14 de xullo, EL GATO CON BOTAS;
18 a 21 de xullo, HOTEL TRANSILVANIA;
25 a 28 de xullo, BRAVE;
8 a 11 de agosto, LAS AVENTURAS DE TADEO JONES.

En Pontiñas CC y de Ocio Gadis e Filmax Pontiñas... ¡Onde se non!

Ver a tamaño real