25/06/2012  3x3 EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!
Aproveitando o bo momento do deporte do balompié Pontiñas CC y de Ocio Gadis concordou con Sportemp para acoller a edición exclusiva para a Comarca do Deza da II edición da Street CUP.

A II edición da Street CUP é un torneo de fútbol da modalidades 3x3 nun novo formato e para todas as idades, que durará tres días (do 6 ao 8 de xullo) cun horario establecido de 8 horas por día (4 horas da mañá e 4 tarde), e con aproximadamente 50 equipos xogando nun espazo pechado (unha gaiola) dentro das instalacións do recinto comercial.

A actividade, de carácter itinerante, será organizada por SPORTEMP - actividades de tempo libre, axencia especializada en lecer e tempo libre. De acordo co seu representante, Miguel Ángel Avilés, “poden participar nenos, mozos e adultos. Esta é unha proposta moi divertida na que pódese marcar moitos goles e que funcionou moi ben onde foi presentado”.
Nesta edición a inscripción dun equipo de ata 4 persoas é de 10 euros. Os nenos pódense inscribir gratuitamente.

Os participantes poden inscribirse na páxina WWW.SPORTEMP.ES

Dende Pontiñas CC y de Ocio Gadis queremos extender o noso agradecimento aos colaboradores que con o seu apoio inicial melloraron notablemente a proposta final.

Son:

1. Torre do Deza Hotel & Spa. Colabora con 2 bonos de 1 noite no Hotel. Buffet, Breakfast aloxamento, e acceso ao Tour en terapia SPA para dúas persoas.

2. HOTEL SPA Oca Katiuska Silleda 3 circuitos termais para 3 parellas.

3. AQA Lalín Arena. Accesos ao ximnasio ARENA a todos os participantes do torneo.

Ver a tamaño real