16/11/2011  6 DÍAS DE VIÑOS E ROSAS EN PONTIÑAS CENTRO COMERCIAL Y DE OCIO HALEYO Sumiller Nacho Costoya, Natalia Castro (representante do Hotel & Spa Torre de Deza) Andrés Bahillo (director de Pontiñas CC y de Ocio Haley) e María Cuiña (vicepresidenta da AEDEZA) presentaron o novo proxecto de Pontiñas CC y de Ocio Haley en rolda de prensa hoxe venres no aula de cultura Forum Dezae do centro comercial.

Máis de 20 bodegas con 40 referencias distintas, 7 empresas de maridaxe e un total dun medio centenar de empresas colaboradoras respaldan este importante proxecto que aúna o sector do viño co mundo das cerimonias.

O programa de actividades que presentaron os organizadores é o seguinte:


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

I. Programa Salón do Viño Pontiñas CC y de Ocio Haley
- De luns 21, a xoves 24 de novembro. Curso de cata de viños e maridaxe “Son, imaxe e viño” para profesionais e público selecto (30 participantes) impartido polo “sumiller” Nacho Costoya no Aula Forum Dezae (local B-23) de Pontiñas CC y de Ocio Haley.
o De 17:00 a 19:00 horas: Curso de duración de 8 horas, repartidas en 2 horas diarias.
- De luns 21 a venres, 25 de novembro. Exposición e degustación de viños e maridaxe na Zona de Lecer de Pontiñas CC y de Ocio Haley.
o De 19:00 a 21:00 horas: Exposición e degustación, de cara ao público en xeral, dos distintos caldos aportados polas adegas participantes.
- Venres, 25 de novembro. Acto de Clausura e Degustación para público selecto (300 persoas) na Zona de Lecer de Pontiñas CC y de Ocio Haley amenizado con música en directo a cargo de Severiano Casalderrey.
o A partir das 21:00 horas, realizaráse o acto de clausura de este III Salón do Viño Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Haley, coa degustación dos viños expostos, acompañados de productos gastronómicos da zona.
- Venres, 25 de novembro. 23 horas. Proxección especial película temática en Filmax Pontiñas. “Entre Copas”, de Alexander Payne.


II. Programa Salón de Cerimonias Pontiñas CC y de Ocio Haley

- De luns 21 a sábado 26 de novembro: Exposición no Centro Comercial das firmas colaboradoras no proxecto.
Stands de 2x2 habilitados para a recreación dun acto de voda, bautizo ou cerimonia similar.
- A partires do mércores, 16 de novembro: Exposición especial no Aula de Cultura Forum Dezae a cargo de Fotografías Bernabé.

- A partires do luns 21 de novembro: Recreación dun Salón de Cerimonias no local B-47 do Centro Comercial, a cargo de Hotel Torre do Deza.

- Sábado 26 de Novembro:
o De 17:00 a 18:30 horas: Exhibición especial pasos de baile na Zona de Lecer do Centro Comercial a cargo de AQA Lalin Arena y Scene Ballet s.c.

o Ás 18:30 horas: Proxección en Filmax Pontiñas do filme “Mi Gran Boda Griega” de Joel Zwick.

o Ás 21:00 horas: Show Room na Zona de Lecer do Centro Comercial. Modelos profesionais desfilarán con vestidos e traxes de modistos da nosa Comarca.

o Ás 22:00 horas: Actuación especial de Oswaldo Digón na Zona de Lecer do Centro Comercial.

o Ás 23:15 horas: Festa final con exhibición de coctelería en Fusion Bar.

Soamente en Pontiñas CC y de Ocio Haley... Onde se non!

Ver a tamaño real