25/04/2011  O ANIRMAU EN PONTIÑAS... ONDE SE NON!O I Festival didáctico de cine de animación Anirmau 11 desembarcou en Lalín o 25 de abril.

En efecto, dende o luns, 25 de abril no festival proxectanse 120 traballos de 38 países distintos, para conformar unha sección na que se mostrarán obras que estiveron presentes en festivais do prestixio de Cannes, Venecia, Sitges ou Sundance.

O festival ten tres espazos de exhibición: unha das salas de Filmax Pontiñas, o museo municipal e o propio IES Aller Ulloa, onde se xerou a iniciativa.

Dende o 26 ao 30 de abril proxectaránse películas en Filmax Pontiñas pola mañá para todos os centros da bisbarra, mentres que as exhibicións abertas ao público en xeral serán en horario nocturno.

Esta proposta é fruto do traballo do IES Ramón Mª Aller Ulloa, o Concello de Lalín, Pontiñas CC y de Ocio Haley, Filmax Pontiñas, así como de distintas empresas do municipio que permiten organizar este festival de animación.

Ver a tamaño real