05/03/2011  NAMÓRATE DO ENTROIDO EN PONTIÑASA figura do aviador lalinense Joaquín Loriga protagonizará as actividades do Carnaval do centro comercial e de ocio Pontiñas Haley, previstas para os días 5, 7 e 8 de marzo. Haberá talleres infantís, charangas e pasacalles e o último día, martes, celebrarase un baile de disfraces no que se repartirán cinco premios por un valor global de 750 euros en cheques-regalo para gastar en establecementos do centro.

A organización do Carnaval do Pontiñas foi encargada, por segundo ano consecutivo, a Viravolta. A compañía lalinense optou por unha temática concreta, en torno á cal xirarán todas as actividades programadas.


As actividades do sábado, día 5, e o luns, día 7, consistirán en talleres de construción de xoguetes aéreos, de paxaros e avións, papiroflexia e instrumentos de vento; e iniciarase a construción dunha réplica da estatua de Loriga. Tamén haberá música e animación dirixida por monitores especializados.
Todo iso entre as 17 e as 20 horas.

Xa o martes, día 8, terá lugar unha Ruada do Entroido, con música por todo o centro comercial; o espectáculo teatral Os mundos de Joaquín Loriga, con actores e grandes bonecos, incluídos dragóns chineses, que escenificarán o seu famoso raid aéreo de Madrid a Manila (Filipinas); e o baile de máscaras, coa entrega de premios.

Ver a tamaño real