01/12/2010  O Nadal no PontiñasO Centro Comercial Pontiñas, en colaboración coa firma de Silleda Educa, presentará 15 xornadas de CAMPAMENTOS INFANTÍS para nenos e nenas que se desenvolverán durante as festas do Nadal

Esta proposta temática queda composta nunha serie de LIÑAS mestras de traballo que se basean na didáctica a través do xogo, ben sexa isto entendido como grandes xogos, actividades curtas, talleres ou obradoiros, sen esquecer o carácter lúdico das actividades tanto polo seu contido como pola súa duración.

Para iso levaremos a cabo actividades novidosas no que á temática se refire, servíndonos estas para que o grupo de nenos e nenas interactúen entre si e, ao mesmo tempo, co seu entorno.

O grupo de IDADE dos/as menores ao que están dirixidas as actividades, talleres e obradoiros irá dende os 4 aos 14 anos.

Contarase con monitores/as, para o bo desenvolvemento das actividades.

Estas actividades están programadas para desenvolverse ao longo de dúas horas cada día.

Todas as actividades se desenvolverán na zona de xogos do Centro Comercial, no local do Centro Comercial e puntualmente ao longo de todo o Centro, de xeito que tanto os/as nenos/as como os seus proxenitores o coñezan.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

BLOQUE DE ACTIVIDADES PREVIAS: (días 17,18,19 de decembro)

“ADORNAMOS A ARBORE DE NADAL”. De 18 a 20 horas.

O longo dos tres días levaranse a cabo diferentes talleres nos que os/as asistentes elaborarÁn os adornos que se colocarÁn na árbore do Centro Comercial.
Realizaranse, pois, anxiños, estrelas, guirnaldas, figuriñas...


BLOQUE I: (días 22,23,24 e 26 de decembro)
“COÑECÉMONOS E COÑECEMOS”. De 18 a 20 horas *.

O día 22 do presente bloque levaremos a cabo un obradoiro de xogoloxía ambientado no Nadal, maioritariamente con xogos de coñecemento.

Xogos:
Furor navideño.
Relevos de regalos.
Pato ambientado (Melchor, Gaspar, Baltasar…PAPÁ NOEL!!)
Con turrones y a lo loco!!

Posteriormente adicaremos os días 23 e 24 á construcción dun Belén feito con plastilina para que sexa exposto no local B-47.

* O día 24 soamente se realizará o taller de unha hora de duración, a partires das 16 horas, para que posteriormente os/as asistentes asistan á estrea de Filmax, `MEGAMIND´, ás 17 horas da tarde.

Xa o día 26 levaremos a cabo o gran xogo EXPLORANDO O PONTIÑAS que consistirá en ir pasando unhas probas de coñecemento sobre o Centro Comercial. Isto permitiralles entrar en contacto cos comerciantes e saber como funciona o CC. Pontiñas. Ao final do día entregaráselles o título ao mellor explorador.


BLOQUE II: (días 29,30 e 31 de decembro). De 18 a 20 horas.
“TEMPO DE NADAL”

Neste bloque temos por obxectivo primordial a combinación de obradoiros con talleres.

É por isto que o día 29 realizaremos postais de felicitación para darlle a benvida ao novo ano, xunto coa elaboración dun calendario perpetuo.

O día 30 levaremos a cabo o “1º RALLY TOUR PONTIÑAS” o cal consistirá nunha xincana na que deberán reunir todas as pistas para obter o mapa do tesouro.

O día 31 dedicarémolo a un taller de música e panxoliñas onde os rapaces e rapazas poderán oír e tocar diferentes instrumentos, algúns deles típicos do folclore galego. Dedicaremos ese día polo tanto á música, repasando tamén panxoliñas e cancións de Nadal.


BLOQUE III: (días 2,3,4 e 5 de xaneiro)
“XA CHEGAN OS REIS”. De 18 a 20 horas*.

O día 2 estará dedicado a un obradoiro de circo con zancos, rolos, maquillaxe e globoflexia.

Os días 3 e 4 elaboraranse os traxes cos que os nenos representaran ao Centro Comercial Pontiñas no Desfile de Reis.

O día 4 celebraráse un obradoiro de circo, de 3 horas de duración, a partir das 17 horas. Ademais deste obradoiro e como punto e final deste campamento, os/as asistentes poderán desfrutar dunha merenda especial na que se lle entregará tamén un diploma de participación.

O día 5 acompañarase aos cativos/as á Cabalgata dos Reis Magos organizada polo Concello de Lalín.

SE QUERES PARTICIPAR NA PROPOSTA SO TÉS QUE PREGUNTAR CHAMANDO AS OFICINAS DE PONTIÑAS CC (TELF. 986.792.328) en horario de oficinas (10:00-14:00; 16:30-20:30).

EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO HALEY... ¡ONDE SE NON...!
O teu Nadal, no Centro Comercial Pontiñas / Haley,
… onde se non…?

Ver a tamaño real