21/06/2017  4º Campionato 3x3 en Pontiñas CC y de Ocio Gadis!!!DO 27 Ao 30 DE XUÑO PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS desenvolverá, en colaboración co CONCELLO DE LALÍN, FARO DE VIGO, GADIS, BALONMÁN LALÍN, BASKETDEZA, VARELL SPORT E A ESCOLA DE FÚTBOL LALÍN, na explanada exterior do centro, unha nova edición do campionato de 3X3 nas modalidades de baloncesto, fútbol e balonmán.
Estas serán as principais características da actividade:
Poderán participar nenos / as de entre 6 e 12 anos agrupados nas seguintes categorías:

Primeira, para os nados no 2011.
Segunda, para os nados entre o 2010 e 2009.
Terceira, para os nados entre o 2008 e 2007.
Cuarta, para os nados entre o 2006 e 2005.

O torneo engloba as modalidades de BALONCESTO, BALONMÁN E FÚTBOL.

DATAS do evento: En principio, e sempre en función da demanda, 4 días de actividades en horario de tarde desde o 27 de xuño de 2017.

Todos eles poderán competir nos tres campos habilitados para a ocasión nunha actividade que só se suspendería por causa de FORZA MAIOR, é dicir, por climatoloxía adversa.

O torneo desenvolverase baixo o sistema de liguiña en función dos participantes e abre a partir de hoxe o seu prazo de inscrición chamando ao teléfono 986 792 328 ou a través do correo electrónico pontinas@pontinas.com e o perfil social do centro en Facebook clicando o seguinte enlace https://www.facebook.com/pg/pontinas.centrocomercial/photos/?tab=album&album_id=1589639471047259


Os equipos estarán formados por un grupo de seis integrantes que deberán encher un formulario achegando a firma dos seus respectivos titores.

Para todos os participantes haberá agasallos doados por FARO DE VIGO, VARELL SPORT e avituallamiento a cargo de HIPER GADIS.

Ver a tamaño real