08/03/2017  CHEGAN A PONTIÑAS OS OBRADOIROS PONTIXOIA!!!PONTIÑAS CENTRO COMERCIAL Y DE OCIO GADIS e JOYERÍA LÓPEZ ROMERO colaboran con XOIARÍA GALEGA Colexio Oficial de Xoiaría no concurso de deseño DIA DA NAI

Os obradoiros realizaranse na zona de Ocio de Pontiñas os sábados 11 e 18 marzo, ás 18 horas.

Os debuxos faranse nas castulinas oficiais facilitadas polo Colexio Oficial de Xoiaría, e ademáis poderanse realizar o deseño en papel e arame no mesmo taller, e levar para a casa.

Se o teu debuxo é un dos elexidos polo Xurado, o Colexio Oficial de Xoiaría, fabricará a túa xoia para que ti lla regales a túa nai.

Finalizados os traballos e antes de envialos ao Colexio Oficial de Xoiaría, farase unha selección, por medio dun xurado, do mellor traballo de cada categoría, os cales recibirán un agasallo, que estarán expostos no Facebook de Pontiñas e na Joyería López Romero.

Para as nais dos nenos que non saian premiados no concurso e queiran que se lles faga a xoia deseñada polo seu fillo, a Joyería López Romero, poderá fabricarlla, a prezos especiais.

OS PREMIOS CONCEDIDOS POR PONTIÑAS CENTRO COMERCIAL, SERÁN INDEPENDENTES DOS QUE O COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA PODA CONCEDER A TODOS OS PARTICIPANTES NO SEU CONCURSO DE DESEÑO “DIA DA NAI”.

Ver a tamaño real