26/11/2016  ARTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Nunha grande iniciativa da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín celebraráse un grupo de actividades contra a Violencia de Xénero.

“▲rte▲cción contra a ▼iolenci▲ de xénero"

ACTIVIDADES:
18:00 h. PANEL ARTÍSTICO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No que participarán artistas locais e persoas afeccionadas, que a través do seu traballo creativo
artístico-cultural axudaránnos a reflexionar sobre a violencia de xénero, en directo, a través da
arte gráfica. Coa participación de Sé Senande, Xabier Arias, Lucía Dubra...

OBRADOIRO “SABES O QUE É. ETIQUETA A VIOLENCIA! - ELABORACIÓN DE PANCARTAS
Obradoiros de etiquetas, globos, pancartas nas que escribir mensaxes curtas de sensibilización
contra a violencia de xénero: “Non é non”, “O silencio fainos cómplices” , “Nin unha máis”...

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PINS
XOGOS COOPERATIVOS

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE IGUALITARIO
XINCANA POLA IGUALDADE

CONTACONTOS POLA IGUALDADE (en diferentes tendas do Centro Comercial)
Coa colaboración de Gracia Santorum e un grupo de alumnado dos clubes de lectura do IES
Laxeiro invitarán a nenas, nenos e maiores a desfrutar das lecturas seleccionadas para esta
ocasión.

20:00 h. ENTREGA DE PREMIOS DO XIII CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” E V CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

20:30 h. MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA
Co apoio dos grupos de baile da Asociación “Máisquedanza” liderada por Marta Maceiras e
“Sceneballet” baixo a dirección de Graciela Míguez , poderemos movernos ao son das creativas
coreografías creadas especificamente para esta ocasión.

21:00 h. MÚSICA EN DIRECTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Coa colaboración de Pandereteiras Ponte da Prata Botos, Iria Varela, Andrés Otero, Diego
Rodríguez e Nelly Portas, que a través das súas letras poñen de manifesto o seu rechazo máis
absoluto contra esta gran lacra social.

ESPERÁMOSTE!!!
ESPERÁMOSVOS!!!

Ver a tamaño real