21/10/2016  A RUADA NO PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS
O PRÓXIMO 21 DE OUTUBRO Pontiñas CC y de Ocio Gadis desenvolverá unha nova actividade cos comercios abertos ata as 00:00 horas, pero, a diferenza de propostas anteriormente desenvolvidas, pensando en recrear unha feira tradicional.


OCIO DENDE ÁS 19 HORAS.

Seguindo esta temática, a festa comezará ás 19 horas da man de XANDOBELA, grupo con ampla formación nos campos da Pedagoxía, da Educación Social, da Animación Sociocultural e da Intervención no Lecer e Tempo Libre, mediante a exposición e desenvolvemento de xogos tradicionais.

Complementarase esta proposta cun taller de SHOW COOKING da man de dous novos pero grandes emprendedores da zona: Alex Iglesias, do restaurante CABANAS e Alex Moure, da empresa elaboradora de iogures artesanais KALEKOI.

Ás 21 horas será o comezo dunha nova e moi interesante actividade: a actuación en directo de pasarúas, protagonizados por XIGANTES E CABEZUDOS e unha Malabarista, cortesía de VIRAVOLTA pero acompañados polo son do grupo de música tradicional OS VARACUNCAS.

Seguiranlle, a partir das 22 horas o grupo de música tradicional SONS DA MINA que acompañarán, á súa vez, ao grupo de pandereteiras PONTE DA PRATA.

E, como colofón da festa OS VARACUNCAS serán os encargados, a partir das 23 horas de pechar o repertorio musical cun amplo repertorio co que esperan animar aos presentes que queiran achegarse ao centro comercial para gozar dunha velada festiva.

STANDS DE DEGUSTACIÓN

Ademais, para aqueles que queiran gozar dos praceres da gastronomía galega, Pontiñas CC y de Ocio Gadis habilitará casetas de madeira onde poderán degustarse castañas asadas cedidas por ALMACÉNS LOÑO, sobremesas artesás de KALEKOI, degustación de petiscos a cargo de ALEX IGLESIAS do RESTAURANTE CABANAS e licores de JOSE ANTONIO POUSA, xerente de POUSA LICORES DE GALICIA.


A decoración, nesta ocasión, será acorde con esta festa, con lámpadas e banderines de cores, do mesmo xeito que nas festas dos pobos ademáis dun auto de época grazas a colaboración da Escudería de Clásicos O TOXO.

Ver a tamaño real