24/07/2016  A LALIN BIKE RACE EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!
O próximo 24 de xullo terá lugar a primeira edición da Lalín Bike Race, 4º proba puntuable para o Open de Galicia de BTT Maratón, que paralelamente acollerá unha marcha cicloturista polo mesmo percorrido da competición.

O evento está organizado polo Concello de Lalín e os clubs Frigoríficos Bandeira Extol Team e Club Ciclista Montes de Deza.

A proba ten saída e meta na explanada exterior de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Esta proba consta de 2 percorridos:
Un de 87 quilómetros para as categorías Elite-Sub 23, Master 30, 40, 50 e 60, e outro de 75 quilómetros para mulleres.

Prezo da inscrición é de 15 euros para os federados, e de 15 €+ 15 € (do seguro obrigatorio) para o resto de participantes.

Esta proba Lalín Bike Race conta cun trazado espectacular con 87 quilómetros de dureza e 2.500 metros de acumulado.

E cómo inscribirse?.

A carreira de BTT Maratón lalinense ten xa aberto o prazo de inscricións na páxina web de Emesports (www.emesports.es).



Ver a tamaño real