27/06/2016  DO 28 DE XUÑO AO 1 DE XULLO A TERCERA EDICIÓN DO 3X3 EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!En colaboración co CONCELLO DE LALÍN, FARO DE VIGO, GADIS, BALONMÁN LALÍN, BASKETDEZA E A ESCOLA DE FÚTBOL LALÍN, desenvolverase, na explanada exterior do Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis, do 28 de xuño ao 1 de xullo, unha nova edición do campionato de 3X3 nas modalidades de baloncesto, fútbol e balonmán.

Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 de anos repartidos en 4 categorías por idade:

• ALEVIN: Nacidos entre 2004 e 2005.
• BENJAMIN: nacidos entre 2006 e 2007.
• PRE BENJAMÍN: nacidos entre 2008 e 2009
• E, por último, BIBERÓN: Ou nados en 2010.

Todos eles poderán competir nos tres campos habilitados para a ocasión nunha actividade que só se suspendería por causa de FORZA MAIOR, é dicir, por climatoloxía adversa.

O torneo desenvolverase baixo o sistema de liguiña en función dos participantes e abre a partir de hoxe o seu prazo de inscrición chamando ao teléfono 986 792 328 ou a través do correo electrónico pontinas@pontinas.com para solicitar información respecto diso.

Os equipos estarán formados por seis integrantes que deberán encher un formulario achegando a firma dos seus respectivos titores.

Para todos os participantes haberá agasallos donados por FARO DE VIGO e avituallamiento a cargo de HIPER GADIS.

Ver a tamaño real