12/06/2015  O 12 DE XUÑO NOITE ESPECIAL, NOITE DO PONTIÑAS!!!PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS realizará por vez primeira NOITE DE PONTIÑAS.

A práctica totalidade dos locais do centro comercial manterán abertas as súas portas ao público ata as 24 horas do próximo 12 de xuño.

Colaborarán nesta iniciativa os seguintes locais:

JOYERÍA LÓPEZ ROMERO,
RINCÓN BAR,
FLORENTINO,
LÓPEZ ROMERO DECORACIÓN, PELUQUERÍA ROSSA SIXTO ESTILISTAS, BERNABÉ,
BERTHA HOGAR,
COQUETERÍAS,
BOLBORETA LALÍN,
VINTAGE JEANS,
QUEENS,
HUELLA LALIN,
PARAFARMACIA FEGUS,
G&N,
ZAPATERÍA ATLY,
RUN ROCK,
CLOCHET ÍNTIMO,
VARELL SPORT,
ALISHA TRENDY,
GASTHOF,
SOL PARK,
BEST KEBAB,
BLOOM & COMPANY
ALDA NENOS.

Para festexar cos seus clientes esta xornada de festa o centro desenvolverá unha imaxe especial que elaborarán os locais e a empresa GLOBUS 3D ademais de preparar unha axenda de eventos que intentará satisfacer a todos os que o visiten:

EVENTOS DE ANIMACIÓN

NA ZONA DE OCIO DO CENTRO COMERCIAL e para os máis pequenos, ademais do propio parque infantil libre "PONTILANDIA", INFANTILANDIA instalará, a partir das 17 ata as 21 horas, un inchable e un touro mecánico, ambos os dous atendidos por monitores especializados.


OGMIOS GALICIA colabora coas seguintes propostas:

A partir das 18 ata as 20 horas na zona de ocio do centro comercial desenvolverase un obradoiro DE XOGOS ECOLÓXICOS.
Ao longo das 2 horas que durará este taller, as nenas e nenos que se acheguen a participar terán a posibilidade de crear xogos feitos con material de desperdicio.
O obxectivo é divertir á vez que se conciencia os máis pequenos da casa sobre a importancia que ten o coidado da natureza, facéndoo dende unha óptica lúdica.

Ofreceranse diversas alternativas guiadas para que os nenos poidan crear xogos populares utilizando diversos materias. A maiores tamén se deixará que os nenos poidan dar renda solta á súa imaxinación e empregando os materiais dispoñibles poidan sorprendernos que invención de novos xogos creados por e para nenos.

A partir das 20 horas AO LONGO DOS PASILLOS DE COMPRAS do centro desenvolverase a sección
"ANIMANDO A RÚA", contando cos seguintes espectáculos en vivo:

MALABARROY
Espectáculo de malabar que será o encargado de envolver os nosos sonos que ilusión do circo mostrando as súas habilidades con bólas, mazas, aros e desafiando a gravidade co seu monociclo.

MAMIMO
Este mimo espertará a curiosidade e a atención do público moldeando o aire do seu arredor construíndo un mundo de fantasía no que os seus movementos nos atraparán facéndonos vivir unha experiencia que nos deixará sen todas as palabras que ten escondidas no seu peto.

A SOPRA FOL
Valéndose das súas destrezas coa torsión dos globos, SOPRA FOL faranos gozar das divertidas formas e figuras que sairán das súas mans para invadir todo o recinto.

EVENTOS MUSICAIS

Ademais o centro comercial dezano presenta, en exclusiva, as seguintes ACTUACIÓNS MUSICAIS EN DIRECTO:

A partir das 20 horas, e integrados na ZONA DE COMPRAS do centro, as profesoras do conservatorio de Lalín, INARA VECBASTIKA (violín) e TATIANA CUCERENCO (violoncelo) ademais de EDUARDS VECBASTIKS (violín e viola) conforman unha agrupación de ampla experiencia en todo tipo de eventos que ofrecerán un concerto dunha hora de duración, para públicos de todas as idades, no que se mesturarán pezas de coñecidos compositores clásicos con temas tradicionais e a bandas sonoras de películas tamén moi coñecidas.

Ás 21 horas FRONTE A BERNABÉ, é a quenda DE PERDIDOS Ao TRÍO, solicitado grupo lalinense formado por
XESÚS MANUEL SENANDE RODRÍGUEZ, JOSÉ LUIS FACTOR RODRÍGUEZ, JUAN MANUEL GARCÍA PÉREZ e BERNA GUITIÁN
que, unha vez presentado na Feira dos Carballiños de Vilatuxe o seu primeiro disco e debutar no programa LUAR de RTVG, ofrecerán os asistentes, por espazo dunha hora, cancións populares de estilos variados de España, Portugal e Latinoamérica.

En palabras de Senande, esta formación comezou unha aventura que se fundamenta en "pasalo ben, en tocar entre amigos e se nos equivocamos, botarnos unhas risas e volver empezar".

Pechamos a axenda musical en plena ZONA DE COMPRAS, coa presenza a partir das 22 horas de DJ OLE COSTA, experimentado artista con 25 anos no mundo da música, que pasou por moitas cabinas de locais de toda Galicia e que, seguindo un estilo e contido totalmente distintos ao das actuacións previas á súa, amenizará a xornada ata as 24 horas da noite, como colofón da xornada festiva.

DEGUSTACIÓN DE CÓCTELES A CARGO DE XAIME RODRÍGUEZ TRIGÁS (KUBOS LALIN). DENDE ÁS 21:00 NO PASILLO PRINCIPAL DE COMPRAS.

En colaboración co centro habilitarase, EN PLENA ZONA DE COMPRAS, un posto de degustación de cocteles servidos, dende as 21 ata as 24 horas, por XAIME RODRIGUEZ TRIGÁS, camareiro e dono de KUBOS LALIN, coñecido local lalinense aberto dende 2004 e que, entre outros premios e galardóns foi finalista no Torneo Nacional Schweppes de 2013.

Profundo e persistente coñecedor do sector hostaleiro este mozo emprendedor, sempre colaborador de moitas iniciativas, mantén unha carreira sólida na que permanece un continuo desexo por seguir mellorando a súa oferta de cócteles e que, en catro versións distintas, poderán degustar aqueles afortunados clientes que obteñan mediante convite por consumo (compras a partir de 30 euros) nas distintas tendas do centro comercial.

Ver a tamaño real