10/03/2015  CAMPAMENTO DE PRIMAVERA "LUDOTECARTE"CAMPAMENTO DE PRIMAVERA de OGMIOS GALICIA EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS.

CAMPAMENTO “LUDOTECARTE”.
Datas:30,31 de marzo; 1,2 e 4 de abril.
Duración 4 horas por día, de 10 a 14 h.
Capacidad: 15 - 60 niños.
Precio semana completa: 15 €.
Precio por día solto en caso de non cubrir o límite máximo: 5 €.

Colaboración de Pontiñas CC y de Ocio Gadis con OGMIOS GALICIA, S.L.nunha programación deseñada na que se inclúen aspectos específicos de diversas índoles e temáticas.

Este proxecto está deseñado pensando en cubrir a totalidade das actividades extraescolares que o longo do ano os nenos deberían recibir como formación complementaria.

Todo isto a un prezo económico e aproveitando as instalacións cedidas por Pontiñas CC y de Ocio Gadis.

Baseándonos neste ambicioso proxecto o equipo pedagóxico de OGMIOS S.L. adaptouno para poder ser ofertado como campamento.

O CAMPAMENTO LUDOTECARTE configurase do seguinte xeito.

Bloque 1. XOGOS MUSICAIS.

Os xogos musicais está composto dunha serie de actividades nas que se mestura a danza, a música e a diversión. Debemos entender que estes tres conceptos están ligados na psique
humana e polo tanto a mellor maneira de desfrutalos é uníndoos.

Bloque 2. O ARTISTA QUE HAI EN TI.

O artista que hai en ti está pensado para levar a cabo obradoiros de pintura, escultura e debuxo. Os rapaces experimentarán o arte dende o punto de vista do autor, creando as súas
propias obras o que pode facer que algún dos nenos sinta a chamada do pincel ou do cicel como forma de vida.

Bloque 3. XOGOS DEPORTIVOS.

Os nenos gozarán dunhas xornadas deportivas mesturando os deportes habituais e os xogos populares e tradicionais.

Bloque 4. EXPRESIÓN DRAMÁTICA.

Este será o bloque no que os nenos aprenderán a dramatizar un conto, que será narrado entre todos. A idea é cerrar o campamento mostrándolle os pais a sensibilidade que os nenos
poden aportar contando unha historia.

Ver a tamaño real