12/06/2014  DO 24 AO 27 DE XUÑO... CAMPIONATO 3X3 PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!A explanada exterior do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis acollerá do 24 ao 27 de xuño un campionato de 3 X 3 nas modalidades de baloncesto, fútbol e balonmán.

A iniciativa da gran superficie conta coa colaboración de FARO DE VIGO, GADISA, VARELL SPORT, JOYERÍA LÓPEZ ROMERO, VINTAGE JEANS, PARAFARMACIA FEGUS e na súa organización tamén participan o O CONCELLO DE LALÍN, o CD LALÍN, o BALONMÁN LALÍN, BASKETDEZA, o CLUB DE TENIS LALÍN a ESCOLA DE FÚTBOL DE LALÍN e a ESCOLA DE ATLETISMO DEZA.

O evento foi presentado onte no Forum Dezae nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Deportes de Lalín, José Antonio Varela, o xerente do Pontiñas, Andrés Bahíllo, e os representantes do Lalín, José Seixo, da EFL, Javier López, e de Couso e Rubén González, polo BM Lalín. Todos eles coincidiron en resaltar a importancia do deporte de rúa entre os máis pequenos da localidade e, tamén, da interacción entre as diferentes modalidades deportivas que se van celebrar.

Categorías

O campionato 3 X 3 do Pontiñas estará distribuído en catro categorías diferentes: Nacidos entre 2002 e 2003, nacidos entre 2004 e 2005, nacidos entre 2006 e 2007 e, por último, nacidos en 2008. Todos eles poderán competir nos tres campos habilitados para a ocasión nunha actividade que só a chuvia poderá suspender, tal e como sinalou onte Andrés Bahíllo durante a comparecencia pública.

O torneo desenvolverase baixo o sistema de liguilla en función dos participantes e abre a partir de hoxe o seu prazo de inscrición chamando ao teléfono 986 792 328 ou a través do correo electrónico pontinas@pontinas.com para solicitar información ao respecto. Este prazo de inscripción finaliza o xoves, 19 de xuño.

Os equipos estarán formados por seis integrantes que deberán encher un formulario achegando a firma dos seus respectivos titores.

A intención da organización é poder ampliar en próximas edicións a oferta a deportes como o tenis ou o atletismo, en función do éxito de participación deste campionato.

EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS... ONDE SE NON!!!

Ver a tamaño real