03/12/2016DECORA A NOSA ÁRBORE DE NADAL CON EDUVÍA E PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!Quén pode ser máis creativo e máis artista que os nosos nenos..?

Apuntáte aos Obradoiros e vén a decorar connosco a grande árbore de Nadal de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Os vindeiros días 3 e 4 de Decembro, ven aos nosos obradoiros a partir das 6 da tarde e axúdanos a decorar unha árbore moi especial.

Prepara o teu mellor Nadal en Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

E O 4 DE DECEMBRO ABRIMOS AS NOSAS TENDAS.
onde o Nadal é máis Nadal !!!! …onde se non..?
26/11/2016ARTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Nunha grande iniciativa da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín celebraráse un grupo de actividades contra a Violencia de Xénero.

“▲rte▲cción contra a ▼iolenci▲ de xénero"

ACTIVIDADES:
18:00 h. PANEL ARTÍSTICO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No que participarán artistas locais e persoas afeccionadas, que a través do seu traballo creativo
artístico-cultural axudaránnos a reflexionar sobre a violencia de xénero, en directo, a través da
arte gráfica. Coa participación de Sé Senande, Xabier Arias, Lucía Dubra...

OBRADOIRO “SABES O QUE É. ETIQUETA A VIOLENCIA! - ELABORACIÓN DE PANCARTAS
Obradoiros de etiquetas, globos, pancartas nas que escribir mensaxes curtas de sensibilización
contra a violencia de xénero: “Non é non”, “O silencio fainos cómplices” , “Nin unha máis”...

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PINS
XOGOS COOPERATIVOS

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE IGUALITARIO
XINCANA POLA IGUALDADE

CONTACONTOS POLA IGUALDADE (en diferentes tendas do Centro Comercial)
Coa colaboración de Gracia Santorum e un grupo de alumnado dos clubes de lectura do IES
Laxeiro invitarán a nenas, nenos e maiores a desfrutar das lecturas seleccionadas para esta
ocasión.

20:00 h. ENTREGA DE PREMIOS DO XIII CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” E V CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

20:30 h. MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA
Co apoio dos grupos de baile da Asociación “Máisquedanza” liderada por Marta Maceiras e
“Sceneballet” baixo a dirección de Graciela Míguez , poderemos movernos ao son das creativas
coreografías creadas especificamente para esta ocasión.

21:00 h. MÚSICA EN DIRECTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Coa colaboración de Pandereteiras Ponte da Prata Botos, Iria Varela, Andrés Otero, Diego
Rodríguez e Nelly Portas, que a través das súas letras poñen de manifesto o seu rechazo máis
absoluto contra esta gran lacra social.

ESPERÁMOSTE!!!
ESPERÁMOSVOS!!!
25/11/2016PROXIMAMENTE O BLACK FRIDAY CELÉBRASE EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADISO VENRES, 25 DE NOVEMBRO, O BLACK FRIDAY CELÉBRASE EN PONTIÑAS

ABRIMOS AS TENDAS ATA AS 24 HORAS!!!

DESCUBRE as propostas dos nosos comercios e participa nun sorteo de 5 cheques regalo de 100 € cada un que poderás gastar esa mesma noite!.

Coa presentación de FRAN LAREU!

Aproveita a oportunidade e ven ó venres, 25 de novembro, CO BLACK FRIDAY en Pontiñas CC y de Ocio Gadis

¿Onde se non?
22/11/2016PRÓXIMOS DOMINGOS DE APERTURA04/11/2016RECICLA con PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!31/10/2016VEN, SE TE ATREVES, A DISFRUTAR DO SAMAIN EN PONTIÑAS!
SAMAIN EN PONTIÑAS
DE 18:30 A 20:30
28/10/2016O 1 DE NOVEMBRO... ABRIMOS!28/10/2016UN OUTONO DE CONTO CON VIRAVOLTA!
VENRES, 28 DE OUTUBRO. 19 HRS.
"CONTACONTOS DE CODIA E MIOLO".

VENRES, 11 DE NOVEMBRO. 19 HRS.
"O CIRCO DOS CONTOS".

VENRES, 25 DE NOVEMBRO. 19 HRS.
"MINISTERIO DOS LEGUMES".
21/10/2016A RUADA NO PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS
O PRÓXIMO 21 DE OUTUBRO Pontiñas CC y de Ocio Gadis desenvolverá unha nova actividade cos comercios abertos ata as 00:00 horas, pero, a diferenza de propostas anteriormente desenvolvidas, pensando en recrear unha feira tradicional.


OCIO DENDE ÁS 19 HORAS.

Seguindo esta temática, a festa comezará ás 19 horas da man de XANDOBELA, grupo con ampla formación nos campos da Pedagoxía, da Educación Social, da Animación Sociocultural e da Intervención no Lecer e Tempo Libre, mediante a exposición e desenvolvemento de xogos tradicionais.

Complementarase esta proposta cun taller de SHOW COOKING da man de dous novos pero grandes emprendedores da zona: Alex Iglesias, do restaurante CABANAS e Alex Moure, da empresa elaboradora de iogures artesanais KALEKOI.

Ás 21 horas será o comezo dunha nova e moi interesante actividade: a actuación en directo de pasarúas, protagonizados por XIGANTES E CABEZUDOS e unha Malabarista, cortesía de VIRAVOLTA pero acompañados polo son do grupo de música tradicional OS VARACUNCAS.

Seguiranlle, a partir das 22 horas o grupo de música tradicional SONS DA MINA que acompañarán, á súa vez, ao grupo de pandereteiras PONTE DA PRATA.

E, como colofón da festa OS VARACUNCAS serán os encargados, a partir das 23 horas de pechar o repertorio musical cun amplo repertorio co que esperan animar aos presentes que queiran achegarse ao centro comercial para gozar dunha velada festiva.

STANDS DE DEGUSTACIÓN

Ademais, para aqueles que queiran gozar dos praceres da gastronomía galega, Pontiñas CC y de Ocio Gadis habilitará casetas de madeira onde poderán degustarse castañas asadas cedidas por ALMACÉNS LOÑO, sobremesas artesás de KALEKOI, degustación de petiscos a cargo de ALEX IGLESIAS do RESTAURANTE CABANAS e licores de JOSE ANTONIO POUSA, xerente de POUSA LICORES DE GALICIA.


A decoración, nesta ocasión, será acorde con esta festa, con lámpadas e banderines de cores, do mesmo xeito que nas festas dos pobos ademáis dun auto de época grazas a colaboración da Escudería de Clásicos O TOXO.
24/07/2016A LALIN BIKE RACE EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!
O próximo 24 de xullo terá lugar a primeira edición da Lalín Bike Race, 4º proba puntuable para o Open de Galicia de BTT Maratón, que paralelamente acollerá unha marcha cicloturista polo mesmo percorrido da competición.

O evento está organizado polo Concello de Lalín e os clubs Frigoríficos Bandeira Extol Team e Club Ciclista Montes de Deza.

A proba ten saída e meta na explanada exterior de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Esta proba consta de 2 percorridos:
Un de 87 quilómetros para as categorías Elite-Sub 23, Master 30, 40, 50 e 60, e outro de 75 quilómetros para mulleres.

Prezo da inscrición é de 15 euros para os federados, e de 15 €+ 15 € (do seguro obrigatorio) para o resto de participantes.

Esta proba Lalín Bike Race conta cun trazado espectacular con 87 quilómetros de dureza e 2.500 metros de acumulado.

E cómo inscribirse?.

A carreira de BTT Maratón lalinense ten xa aberto o prazo de inscricións na páxina web de Emesports (www.emesports.es).


11/07/2016AS REBAIXAS EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!
REBAIXAS DE VERAN…

En Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis temos a moda mais actual desta tempada a prezos de REBAIXAS…!!!!

En Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis poñemo-los prezos de moda.

A moda das mellores REBAIXAS …

Rebaixas de verán… en Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis
As máis esperadas …. Onde se non…?

E o 24 de xullo ABRIMOS!!!
02/07/2016PROXIMAMENTE, O 1 DE OUTUBRO... O IX CIRCUITO GALICIA CENTRAL EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!Unha nova oportunidade de gozar da actividade de xadrez que se desenvolverá na zona de ocio do centro comercial o sábado 1 de Outubro.

Trátase dun circuíto non oficial, e por tanto, de carácter lúdico-deportivo co fin de promocionar a práctica do xadrez nunha época ausente de competicións oficiais.

Un acerto deste tipo de actividade, evidenciado na alta participación neste tipo de propostas, reside no formato de celebración do circuíto:

1. Xóganse só os sábados pola tarde;

2. Non é obrigatorio xogar todos os torneos xa que para a clasificación final puntúan os 6 mellores resultados de cada xogador, sendo o número de torneos xogados o segundo criterio de desempate;

3. Repártense premios para case todas as idades. revelouse como todo un acerto como proban a cantidade de sedes que participan no mesmo.

4. Na edición pasada, concretamente no torneo de clausura celebrado en leste mesmo centro comercial o 5 de setembro, bateuse o rexistro de participantes, con nada menos que 167 xogadores de diferentes idades.

A participación é gratuíta para os menores de idade e os maiores terán que pagar unha cota de 5€ valedoira para todo o circuíto.

A partir das 16:30 recíbense as confirmacións de baixas para dar comezo ao torneo ás 17 horas.

Sempre hai un descanso entre as 18:40 e as 19:15 para obsequiar, normalmente, con xeados a todos os participantes.

A cerimonia de entrega de medallas está prevista para as 21:15.

Desde Pontiñas CC e de Lecer Gadis queremos agradecer o esforzo da ESCOLA DE XADREZ DE LALÍN ademais da colaboración do CONCELLO DE LALÍN, GERIATROS e CLÍNICA DEZA neste proxecto hoxe feito realidade.
27/06/2016DO 28 DE XUÑO AO 1 DE XULLO A TERCERA EDICIÓN DO 3X3 EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!En colaboración co CONCELLO DE LALÍN, FARO DE VIGO, GADIS, BALONMÁN LALÍN, BASKETDEZA E A ESCOLA DE FÚTBOL LALÍN, desenvolverase, na explanada exterior do Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis, do 28 de xuño ao 1 de xullo, unha nova edición do campionato de 3X3 nas modalidades de baloncesto, fútbol e balonmán.

Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 de anos repartidos en 4 categorías por idade:

• ALEVIN: Nacidos entre 2004 e 2005.
• BENJAMIN: nacidos entre 2006 e 2007.
• PRE BENJAMÍN: nacidos entre 2008 e 2009
• E, por último, BIBERÓN: Ou nados en 2010.

Todos eles poderán competir nos tres campos habilitados para a ocasión nunha actividade que só se suspendería por causa de FORZA MAIOR, é dicir, por climatoloxía adversa.

O torneo desenvolverase baixo o sistema de liguiña en función dos participantes e abre a partir de hoxe o seu prazo de inscrición chamando ao teléfono 986 792 328 ou a través do correo electrónico pontinas@pontinas.com para solicitar información respecto diso.

Os equipos estarán formados por seis integrantes que deberán encher un formulario achegando a firma dos seus respectivos titores.

Para todos os participantes haberá agasallos donados por FARO DE VIGO e avituallamiento a cargo de HIPER GADIS.
10/06/2016A NOITE MÁXICA EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!
O venres, 10 de xuño, Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis presenta:

NOITE DO PONTIÑAS: una noite MÁXICA para lembrar.

ABRIMOS AS TENDAS ATA AS 24 HORAS!!

DESCUBRE as propostas dos nosos comercios e desfruta dunha función de maxia, obradoiros, música e danza en vivo, DJ, e unha degustación de coctelería.

NOITE DO PONTIÑAS: unha iniciativa de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Aproveita a oportunidade e ven á noite máxica, A NOITE DO PONTIÑAS Centro Comercial y de Ocio Gadis...

¿Onde se non?
10/05/2016MES DE MAIO CON VIRAVOLTA E EDUVÍA!En Pontiñas CC y de Ocio Gadis celebraránse 3 espectáculos que terán lugar os venres, sempre a partir das 18.00 horas na zona de ocio do centro.
Todos eles están destinados a todos os públicos.

O primeiro será o venres, 13 de Maio coa compañía dezano Viravolta Monicreques. Poñerán en escena a obra POLICHINELA E O EMPRESARIO, que está protagonizada polos actores José Luis Igrexas Luchi e Fran Lareu.



O día 20 de maio entrará en escena Eduvía. No seu caso presentará un contacontos co título DADA O DUENDE, onde buscará implicar ao público infantil en distintas historias de narración oral.

A última das actividades do mes de Maio será a cargo de Seisdedos e o seu espectáculo gastronómico musical para marionetas COCER E CANTAR. Protagonizada por Anxo Basterra e Carlos Quintá, que representan a ous músicos cociñeiros, que deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público asistente.
15/04/2016O SEGUNDO MELLOR AGASALLO PARA MAMÁ!23/03/2016XA É PRIMAVERA EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!.

ARRANCA A NOSA PROMOCIÓN DE SORTEOS PRESENCIAIS "HOLA PRIMAVERA".

Podes informarte no seguinte enlace: https://www.facebook.com/events/537280129813606/
22/03/2016O XOVES SANTO ABRIMOS!!!18/03/2016OBRADOIRO DO DÍA DO PAI!08/03/2016VOTA O AGASALLO PARA O DÍA DO PAI!!!OS ESTABLECEMENTOS DE PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS proponenche os mellores agasallos para O DÍA DO PAI.

DENDE O 8 ATA O 19 DE MARZO, O MELLOR AGASALLO PARA PAPÁ en PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS

ENTRA na páxina de FACEBOOK de Pontiñas CC y de Ocio Gadis e VOTA o AGASALLO que máis te gusta!

PODES INFORMARTE SEGUINDO ESTOS ENLACES:
EVENTO. https://www.facebook.com/events/539552452881108/

LISTA DE AGASALLOS.
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1165361990141678.1073741884.597131730298043&type=3

PARTICIPA E GAÑA!!!
07/03/2016EN MARZO, OBRADOIROS PONTIXOIA!!!ATENCIÓN, NENOS E NENAS… PONTIÑAS centro comercial y de ocio GADIS presenta PONTIXOIA!
PARTICIPA OS DÍAS 11 e 12 DE MARZO dende ás 18 hrs nos OBRADOIROS de DESEÑO dunha Innovadora xoia para o Dia da Nai…
PONTIÑAS e JOYERIA LOPEZ ROMERO colaboran con XOIARIA GALEGA no Concurso de Diseño dunha xoia especial para o Día da Nai….
Podes gañar un premio por categoría exclusivo da JOYERIA LOPEZ ROMERO!
Bases en PONTIÑAS centro comercial y de ocio GADIS
PONTIXOIA en PONTIÑAS centro comercial y de ocio GADIS…
ONDE SE NON!
05/02/2016O ENTROIDO EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!VOLTA O ENTROIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!

DIVERSIÓN PARA TODA A FAMILIA!

O venres 5, e o sábado 6 de febreiro, ás 18 horas disfruta nos obradoiros de maquillaxe facial e de máscaras

E o Martes 9, a partir das 17 horas, Pontiñas CC y de Ocio Gadis e EDUVIA invítante a un DESFILE DE DISFRACES.

Hai 425 € en premios para os disfraces máis orixinais e divertidos!

DISFRUTA DA MAXIA DO ENTROIDO
EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS… ÓNDE SE NON!!!
01/02/2016CONCURSO DE SELFIES DE SAN VALENTÍNCONCURSO SAN VALENTÍN DO PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!

Concurso de selfies cunha ESCAPADA ROMÁNTICA A QUINTA DE SAN AMARO HOTEL Y RESTAURANTE e un CHEQUE REGALO DE 100 € para CONSUMIR nos comercios de Pontiñas CC y de Ocio Gadis.

Podes consultar toda a información para participar neste concurso consultado o seguinte enlace do evento:

https://www.facebook.com/events/109866899396064/


DENDE O 2 ATA O 14 DE FEBREIRO ÁS 12 HORAS DA NOITE xa podes participar no CONCURSO DE SELFIES SAN VALENTÍN DO PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!.
30/01/2016CHEGA O PONTICOCIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!CHEGA O PONTICOCIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!

O sábado, 30 de xaneiro, tes una cita moi divertida en PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!

A PARTIR DAS 18 H. DIVERSIÓN PARA TODA A FAMILIA! CON… PONTICOCIDO!

DESFRUTA da nosa área infantil PONTILANDIA, DE OBRADOIROS, HINCHABLES XIGANTES E UNHA GRAN CHOCOLATADA ÁS 20 HORAS PARA TODOS OS NENOS E NENAS QUE QUEIRAN PASAR UN RATO MOI AGRADABLE!.

O Sábado 30 de xaneiro, ás 18 h Pontiñas CC y de Ocio Gadis está de festa con… PONTICOCIDO!

EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS… ÓNDE SE NON!!!
10/01/2016AS REBAIXAS EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!03/01/2016SOLIDARIO / A O 3 DE XANEIRO DE 2016!!!Máis información en:

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/10/23/pedro-nimo-participara-carrera-solidaria/1336964.html

e tamén en: