09/12/2015O NADAL MUSICAL DE PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!CONCERTOS DE NADAL. 13,20,23 e 27 de DECEMBRO; 3 de XANEIRO.

Un dos pratos fortes da campaña de Nadal é a axenda de eventos deseñado polo centro comercial e que amenizarán as tardes daqueles que queiran participar da iniciativa, sempre ás 19 horas, e no FORUM DEZAE de Pontiñas CC e de Ocio Gadis, fóra dos concertos do 23 de decembro e 3 de xaneiro.

O cartel é o seguinte:


• CORO MÚSICA VIVA DE CARBALLIÑO. Día 13, ás 19:00 h. FORUM DEZAE.


• CORAL DE LALIN. Día 20, 19 horas. FORUM DEZAE.

• BANDA XUVENIL DE LALÍN E CORO INFANTIL LUÍS AREÁN. Día 23, 19 horas. ZONA DE OCIO.

• CORAL POLIFÓNICA AGOLADA. Día 27. de decembro, 19 horas. FORUM DEZAE.

• GRUPO DE PERCUSIÓN ODAIKO (concerto didáctico e taller de percusión). Día 3 de xaneiro ás 19 h. ZONA DE OCIO.
09/12/2015PAPA NOEL E INCHABLES NO NADAL EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!ACTIVIDADES CON PAPA NOEL desenrolados por OGMIOS GALICIA:

OBRADOIRO DE PAPA NOEL. 20 de Decembro. 18h. ZONA DE OCIO.

O día 20 de decembro desenvolverase a primeira das actividades dedicada a Santa Claus e nela, a partir das 18:00, os nenos farán postais de Nadal e outras actividades relacionadas co período do Nadal.

FESTA DE PAPÁ NOEL. 24 DE DECEMBRO, ás 16:30 h. OCIO E PASILLO COMPRAS.

O día 24 de Decembro, a partir das 16:30 h celebraremos unha festa no centro comercial Pontiñas enche de música e xogos, tras a cal Papa Noel saudará a todos os nenos que veña a verlle e queiran contarlle que agasallos queren por Nadal.

Haberá talleres de pintacaras; Globoflexia; Papa Noel; choiva de globos; Máquina de Pompas e caramelos

E ademáis OGMIOS CELEBRA O SEU CAMPAMENTO MUSICAL EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!.

Xa temos aberta a matrícula aos campamentos de Nadal do C.C. e de Ocio Pontiñas- Gadis. Plazas limitadas!!

FESTA DE INCHABLES. 26 de decembro, ás 18:00 h. ZONA DE OCIO.
Por cuarto ano consecutivo Infantilandia instalará uns inchables xigantes na zona de lecer do centro comercial ademais de gozar da nosa área infantil, PONTILANDIA.
09/12/2015V ZUMBATHON BENÉFICO O 19 DE DECEMBRO EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!V ZUMBATHON BENEFICO A favor DO MENCER. 19 de decembro, 19 horas. ZONA DE OCIO.

Unha nova edición da exhibición da modalidade de zumba a cargo da monitora Angy Ojea na zona de lecer do centro comercial. Apoiada polo apoio de monitores e monitoras vindos de distintos sitios de Galicia.

A organización quere realizar un chamamento a todas aquelas persoas para que participen nesta causa benéfica e achegar o que boamente se poida doar.
09/12/2015VOLVE A DIVERSIÓN, VOLVE A PISTA DE XEO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!VOLVE A PISTA DE XEO!. Do 7 de DECEMBRO ao 10 de XANEIRO.

Froito dun acordo de Pontiñas CC e de Ocio Gadis e Atlántida, firma encargada do proxecto, abrirase ao público o luns, 7 de decembro, na chaira exterior do centro comercial unha pista de xeo natural de 250m2 para goce de todos aqueles que escollan a patinaxe como unha nova fórmula de lecer entre as súas preferencias.
En efecto, desde o 7 de decembro ata o 10 de xaneiro de 2016,

CARACTERÍSTICAS DA PISTA DE XEO

A pista dispoñerá de 4 monitores especializados que estarán preparados para atender as esixencias e necesidades do público asistente á instalación.

Situada baixo unha carpa de 400 m2 contará con zona de cambio de patíns con mostrador, moqueta, bancos e andeis.

Ademais, para os máis pequenos de contará con patíns de dobre coitela, con 2 Bobbys andadores de dúas prazas para iniciarse na patinaxe así como cascos de protección para evitar lesións en caso de caídas.

HORARIOS E PREZOS
A pista estará aberta de luns a domingo.

Ata o 18 de decembro a organización abrirá as mañás de luns a venres para os colexios de 11 a 14 horas e polas tardes ao público en xeral de 17 a 21 horas.
Todos os fins de semana e a partir do día 18 de luns a domingo con horario ininterrompido de 11 a 22 horas.

A pista permanecerá pechada unicamente de mañá os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. En canto aos prezos, unha sesión de 45 minutos de patinaxe en pista con aluguer de patíns custa 6 euros; as luvas son obrigatorios e no caso de que o usuario non dispoña dos seus propios estes terán un custo de 1,50.

Para os colexios a entrada será de 2 € en sesións de 1 hora.

En Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis... Onde se non!!!
27/11/2015O 27 DE NOVEMBRO VEN Ó PONTIÑAS BRANCO!!!

O VENRES, 27 DE NOVEMBRO Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis presenta:

PONTIÑAS BRANCO: UN DÍA PARA LEMBRAR!.

ABRIMOS AS TENDAS ATA AS 24 HORAS!!!

DESCUBRE as propostas dos nosos comercios e desfruta da EXHIBICIÓN DE ZANCUDOS, globoflexia, BAILES, música en vivo, DJ...

…INVITACIÓNS A DESAYUNOS CASTAÑAS e LICORES…

Aproveita a oportunidade e ven ó venres, 27 de novembro, PONTIÑAS BRANCO en PONTIÑAS Centro Comercial y de Ocio Gadis...

¿Onde se non?




PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS realizará por vez primeira O SEU PONTIÑAS BRANCO.

A práctica totalidade dos locais do centro comercial manterán abertas as súas portas ao público ata as 24 horas do próximo 27 DE NOVEMBRO.

Colaborarán nesta iniciativa os seguintes locais realizando ofertas especiales para esta ocasión:

JOYERÍA LÓPEZ ROMERO,
RINCÓN BAR,
FLORENTINO,
LÓPEZ ROMERO DECORACIÓN,
PELUQUERÍA ROSSA SIXTO ESTILISTAS,
BERNABÉ,
BERTHA HOGAR,
COQUETERÍAS,
BOLBORETA LALÍN,
VINTAGE JEANS,
QUEENS,
HUELLA LALIN,
PARAFARMACIA FEGUS,
G&N,
BOUTIQUE ATLY,
RUN ROCK,
CLOCHET ÍNTIMO,
VARELL SPORT,
ALISHA TRENDY,
GASTHOF,
SOL PARK,
BEST KEBAB,
BLOOM & COMPANY
ALDA NENOS
GADIS HIPER.

O Centro contará con animacións desde a mañá, e sobre todo pola tarde noite, para animar este día especial do comercio; comezando de nove a doce, con invitacións a almorzos en RINCÓN BAR a aqueles clientes que fagan un consumo mínimo de 20 € nalgún establecemento do C.C.

Xa pola tarde, a partir das sete, un monitor de GLOBOFLEXIA e outro de PINTACARAS animarán a zona de ocio aos que se lle unirá un ZANCUDO a partir das 20.
A partir desta hora SEVERIANO CASALDERREY, pianista profesional, amenizará con música de cinema o Centro, e abriranse dúas casetas, ata as doce da noite para a degustación de licores e castañas, cortesía de POUSA PAYO E ALMACÉNS LOÑO, que poderá ser gratuíta para aqueles clientes que realicen un consumo mínimo de 20€ nalgún establecemento do C.C.

De nove a dez, MAIS QUE DANZA, realizará exhibicións de baile en diversas zonas do C.C.
Xa cara ao final da xornada do PONTIÑAS BRANCO, a partir das dez, concerto de DE PERDIDOS Ao TRIO para continuar, ao remate deste, coa animación de DJ OLE COSTA ata o peche de PONTIÑAS BRANCO.
14/11/2015O SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO, ÁS 18:00, CHEGA O SAN MARTIÑO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!24/10/2015VI TORNEO DE XADREZ LALÍN 2015 EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!23/10/2015E O DOMINGO 1 DE NOVEMBRO... ABRIMOS!!!17/10/2015do 16 ao 18 de Outubro O OKTOBERFEST en Pontiñas CC y de Ocio Gadis!!!Máis información en: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/10/16/oktoberfest-lalin-reparte-3000-litros/1332613.html
05/10/2015CHEGA O SAMAIN A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!O Samain chega a Pontiñas CC y de Ocio Gadis!!!

Quén pode ser máis creativo e máis artista que os nosos nenos…?

Apuntáte aos Obradoiros DE OGMIOS GALICIA e ven decorar connosco unha cabaza de terror polo SAMAIN en Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

O vindeiro día 1 DE NOVEMBRO, ven ao noso obradoiro, de 18.30h a 20.30h da tarde, e decora un agasallo terrorífico.

En Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

onde o SAMAIN é máis SAMAIN!!!!
…onde se non…?

E O 1 DE NOVEMBRO, ABRIMOS!!!
05/10/2015E O DOMINGO 11 DE OUTUBRO... ABRIMOS!!!15/09/2015OCIO INFANTIL DE SETEMBRO EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!20/06/2015EN XUÑO VOLTA O CAMPIONATO DE XADREZ A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!19/06/2015OBRADOIRO DE POMPAS MÁXICAS12/06/2015O 12 DE XUÑO NOITE ESPECIAL, NOITE DO PONTIÑAS!!!PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS realizará por vez primeira NOITE DE PONTIÑAS.

A práctica totalidade dos locais do centro comercial manterán abertas as súas portas ao público ata as 24 horas do próximo 12 de xuño.

Colaborarán nesta iniciativa os seguintes locais:

JOYERÍA LÓPEZ ROMERO,
RINCÓN BAR,
FLORENTINO,
LÓPEZ ROMERO DECORACIÓN, PELUQUERÍA ROSSA SIXTO ESTILISTAS, BERNABÉ,
BERTHA HOGAR,
COQUETERÍAS,
BOLBORETA LALÍN,
VINTAGE JEANS,
QUEENS,
HUELLA LALIN,
PARAFARMACIA FEGUS,
G&N,
ZAPATERÍA ATLY,
RUN ROCK,
CLOCHET ÍNTIMO,
VARELL SPORT,
ALISHA TRENDY,
GASTHOF,
SOL PARK,
BEST KEBAB,
BLOOM & COMPANY
ALDA NENOS.

Para festexar cos seus clientes esta xornada de festa o centro desenvolverá unha imaxe especial que elaborarán os locais e a empresa GLOBUS 3D ademais de preparar unha axenda de eventos que intentará satisfacer a todos os que o visiten:

EVENTOS DE ANIMACIÓN

NA ZONA DE OCIO DO CENTRO COMERCIAL e para os máis pequenos, ademais do propio parque infantil libre "PONTILANDIA", INFANTILANDIA instalará, a partir das 17 ata as 21 horas, un inchable e un touro mecánico, ambos os dous atendidos por monitores especializados.


OGMIOS GALICIA colabora coas seguintes propostas:

A partir das 18 ata as 20 horas na zona de ocio do centro comercial desenvolverase un obradoiro DE XOGOS ECOLÓXICOS.
Ao longo das 2 horas que durará este taller, as nenas e nenos que se acheguen a participar terán a posibilidade de crear xogos feitos con material de desperdicio.
O obxectivo é divertir á vez que se conciencia os máis pequenos da casa sobre a importancia que ten o coidado da natureza, facéndoo dende unha óptica lúdica.

Ofreceranse diversas alternativas guiadas para que os nenos poidan crear xogos populares utilizando diversos materias. A maiores tamén se deixará que os nenos poidan dar renda solta á súa imaxinación e empregando os materiais dispoñibles poidan sorprendernos que invención de novos xogos creados por e para nenos.

A partir das 20 horas AO LONGO DOS PASILLOS DE COMPRAS do centro desenvolverase a sección
"ANIMANDO A RÚA", contando cos seguintes espectáculos en vivo:

MALABARROY
Espectáculo de malabar que será o encargado de envolver os nosos sonos que ilusión do circo mostrando as súas habilidades con bólas, mazas, aros e desafiando a gravidade co seu monociclo.

MAMIMO
Este mimo espertará a curiosidade e a atención do público moldeando o aire do seu arredor construíndo un mundo de fantasía no que os seus movementos nos atraparán facéndonos vivir unha experiencia que nos deixará sen todas as palabras que ten escondidas no seu peto.

A SOPRA FOL
Valéndose das súas destrezas coa torsión dos globos, SOPRA FOL faranos gozar das divertidas formas e figuras que sairán das súas mans para invadir todo o recinto.

EVENTOS MUSICAIS

Ademais o centro comercial dezano presenta, en exclusiva, as seguintes ACTUACIÓNS MUSICAIS EN DIRECTO:

A partir das 20 horas, e integrados na ZONA DE COMPRAS do centro, as profesoras do conservatorio de Lalín, INARA VECBASTIKA (violín) e TATIANA CUCERENCO (violoncelo) ademais de EDUARDS VECBASTIKS (violín e viola) conforman unha agrupación de ampla experiencia en todo tipo de eventos que ofrecerán un concerto dunha hora de duración, para públicos de todas as idades, no que se mesturarán pezas de coñecidos compositores clásicos con temas tradicionais e a bandas sonoras de películas tamén moi coñecidas.

Ás 21 horas FRONTE A BERNABÉ, é a quenda DE PERDIDOS Ao TRÍO, solicitado grupo lalinense formado por
XESÚS MANUEL SENANDE RODRÍGUEZ, JOSÉ LUIS FACTOR RODRÍGUEZ, JUAN MANUEL GARCÍA PÉREZ e BERNA GUITIÁN
que, unha vez presentado na Feira dos Carballiños de Vilatuxe o seu primeiro disco e debutar no programa LUAR de RTVG, ofrecerán os asistentes, por espazo dunha hora, cancións populares de estilos variados de España, Portugal e Latinoamérica.

En palabras de Senande, esta formación comezou unha aventura que se fundamenta en "pasalo ben, en tocar entre amigos e se nos equivocamos, botarnos unhas risas e volver empezar".

Pechamos a axenda musical en plena ZONA DE COMPRAS, coa presenza a partir das 22 horas de DJ OLE COSTA, experimentado artista con 25 anos no mundo da música, que pasou por moitas cabinas de locais de toda Galicia e que, seguindo un estilo e contido totalmente distintos ao das actuacións previas á súa, amenizará a xornada ata as 24 horas da noite, como colofón da xornada festiva.

DEGUSTACIÓN DE CÓCTELES A CARGO DE XAIME RODRÍGUEZ TRIGÁS (KUBOS LALIN). DENDE ÁS 21:00 NO PASILLO PRINCIPAL DE COMPRAS.

En colaboración co centro habilitarase, EN PLENA ZONA DE COMPRAS, un posto de degustación de cocteles servidos, dende as 21 ata as 24 horas, por XAIME RODRIGUEZ TRIGÁS, camareiro e dono de KUBOS LALIN, coñecido local lalinense aberto dende 2004 e que, entre outros premios e galardóns foi finalista no Torneo Nacional Schweppes de 2013.

Profundo e persistente coñecedor do sector hostaleiro este mozo emprendedor, sempre colaborador de moitas iniciativas, mantén unha carreira sólida na que permanece un continuo desexo por seguir mellorando a súa oferta de cócteles e que, en catro versións distintas, poderán degustar aqueles afortunados clientes que obteñan mediante convite por consumo (compras a partir de 30 euros) nas distintas tendas do centro comercial.
06/06/2015OBRADOIRO DE XOGOS ECOLÓXICOS CON OGMIOS GALICIA23/05/2015OBRADOIRO ANIMALARIO FANTÁSTICO CON OGMIOS GALICIA!!!O 22 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓGICA. DESTE XEITO OS NENOS E NENAS GOZARÁN DUN OBRADOIRO DE CREACIÓN DO SEU ANIMAL PREFERIDO EMPREGANDO O MATERIAL QUE SE POÑA A SÚA DISPOSICIÓN.11/05/2015DO 11 AO 16 DE MAIO, A SEMANA DE PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!DO 11 AO 16 DE MAIO PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS presenta:

A SEMANA DE PONTIÑAS: 6 días máxicos para comprar.

Descubre as novas propostas dos nosos comercios con grandes descontos, prezos, regalos e variedade de produtos o teu alcance

A SEMANA DE PONTIÑAS, unha iniciativa de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

Ponte as pilas, aproveita a oportunidade e ven aos 6 días máxicos DA SEMANA DE PONTIÑAS Centro Comercial y de Ocio Gadis...

¿Onde se non?
02/05/2015OBRADOIRO DE AGASALLOS PARA A TÚA NAI02/04/2015II FEIRA ARTESANAL EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS... ONDE SE NON!O 7 de marzo durante todo o día en Pontiñas Centro Comercial y de ocio Gadis…
Segunda Feira Artesanal.

Vidos de toda Galicia, Artesáns e Pulpeiro!!

Na zona de Ocio, o 7 de marzo durante todo o día… Segunda Feira Artesanal en Pontiñas Centro Comercial y de ocio Gadis…

Onde se non!

Máis información en:

https://www.facebook.com/pontinas.centrocomercial?ref=aymt_homepage_panel
02/04/2015E EN XOVES SANTO, ABRIMOS!30/03/2015DO 6 DE ABRIL AO 4 DE MAIO... A PROMOCIÓN PRIMAVERA EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!XA É PRIMAVERA EN PONTIÑAS CENTRO COMERCIAL Y DE OCIO GADIS!.

E O CELEBRAMOS COA VOLTA DOS SORTEOS SEMANAIS DE CHEQUES REGALO

AGORA CON PREMIOS DE 300, 200 E 100 EUROS SEMANAIS!.

PARTICIPA DO 6 DE ABRIL AO 4 DE MAIO, E GAÑA NOS SORTEOS PRESENCIAIS DE PONTIÑAS CENTRO COMERCIAL Y DE OCIO GADIS, QUE SE CELEBRARÁN OS DÍAS 13, 20, 27 DE ABRIL E 4 DE MAIO, EN DIRECTO, AS SETE DA TARDE NA ZONA DE OCIO DE PONTIÑAS CENTRO COMERCIAL Y DE OCIO GADIS …

RECORDA, POR CADA VINTE EUROS DE COMPRAS, UNHA RIFA PARA PARTICIPAR NO MÁIS ESPERADO DOS SORTEOS …

…. ONDE SE NON….
30/03/2015OBRADOIROS DE NUTRICOCIÑA E CONTA-MONICREQUES EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!19/03/2015OBRADOIROS DO DÍA DO PAI EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!OBRADOIRO DÍA DO PAI
DATA: 19 de Marzo de 2015.
18h. Zona de Ocio do centro comercial.
OGMIOS GALICIA ofrecerá un obradoiro de creación dun marco con goma eva para que os nenos poidan incluir a foto do seu pai.
13/03/2015VOLTAN OS OBRADOIROS PONTIXOIA A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!ATENCIÓN, NENOS E NENAS…
O PONTIÑAS centro comercial y de ocio GADIS presenta PONTIXOIA!
PARTICIPA OS DÍAS 13 e 14 DE MARZO ÁS 18 HORAS nos OBRADOIROS de DESEÑO dunha Innovadora xoia para o Dia da Nai…
PONTIÑAS e JOYERIA LOPEZ ROMERO colaboran con XOIARIA GALEGA no Concurso de Diseño dunha xoia especial para o Día da Nai….
Podes gañar un premio por categoría exclusivo da JOYERIA LOPEZ ROMERO!
Bases en PONTIÑAS centro comercial y de ocio GADIS
PONTIXOIA en PONTIÑAS centro comercial y de ocio GADIS…
ONDE SE NON!
10/03/2015CAMPAMENTO DE PRIMAVERA "LUDOTECARTE"CAMPAMENTO DE PRIMAVERA de OGMIOS GALICIA EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS.

CAMPAMENTO “LUDOTECARTE”.
Datas:30,31 de marzo; 1,2 e 4 de abril.
Duración 4 horas por día, de 10 a 14 h.
Capacidad: 15 - 60 niños.
Precio semana completa: 15 €.
Precio por día solto en caso de non cubrir o límite máximo: 5 €.

Colaboración de Pontiñas CC y de Ocio Gadis con OGMIOS GALICIA, S.L.nunha programación deseñada na que se inclúen aspectos específicos de diversas índoles e temáticas.

Este proxecto está deseñado pensando en cubrir a totalidade das actividades extraescolares que o longo do ano os nenos deberían recibir como formación complementaria.

Todo isto a un prezo económico e aproveitando as instalacións cedidas por Pontiñas CC y de Ocio Gadis.

Baseándonos neste ambicioso proxecto o equipo pedagóxico de OGMIOS S.L. adaptouno para poder ser ofertado como campamento.

O CAMPAMENTO LUDOTECARTE configurase do seguinte xeito.

Bloque 1. XOGOS MUSICAIS.

Os xogos musicais está composto dunha serie de actividades nas que se mestura a danza, a música e a diversión. Debemos entender que estes tres conceptos están ligados na psique
humana e polo tanto a mellor maneira de desfrutalos é uníndoos.

Bloque 2. O ARTISTA QUE HAI EN TI.

O artista que hai en ti está pensado para levar a cabo obradoiros de pintura, escultura e debuxo. Os rapaces experimentarán o arte dende o punto de vista do autor, creando as súas
propias obras o que pode facer que algún dos nenos sinta a chamada do pincel ou do cicel como forma de vida.

Bloque 3. XOGOS DEPORTIVOS.

Os nenos gozarán dunhas xornadas deportivas mesturando os deportes habituais e os xogos populares e tradicionais.

Bloque 4. EXPRESIÓN DRAMÁTICA.

Este será o bloque no que os nenos aprenderán a dramatizar un conto, que será narrado entre todos. A idea é cerrar o campamento mostrándolle os pais a sensibilidade que os nenos
poden aportar contando unha historia.
13/02/2015CHEGA O ENTROIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!
VOLTA O ENTROIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!...

DIVERSIÓN PARA TODA A FAMILIA!

O venres, 13 e o sábado, 14 de febreiro ás 18 horas disfruta nos obradoiros facendo máscaras de entroido e maquillaxe con RIREDUCA...

... E o Martes, 17 a partir das 17 horas Pontiñas CC y de Ocio Gadis e EDUVIA invítante a un DESFILE DE DISFRACES!.

Hai 325 € en premios para os disfraces máis orixinais e divertidos!

DISFRUTA DA MAXIA DO ENTROIDO...

... EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS…

ÓNDE SE NON!!!
07/02/2015CHEGA O PONTICOCIDO A PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!!!
O sábado, 7 de febreiro tes una cita moi divertida en PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!

A PARTIR DAS 18 H. DIVERSIÓN PARA TODA A FAMILIA CON…

O PONTICOCIDO!

DISFRUTA da nosa área infantil PONTILANDIA, DE OBRADOIROS DE MAQUILLAXE FACIAL, HINCHABLES XIGANTES
E UNHA GRANDE CHOCOLATADA ÁS 19 HORAS

PARA TODOS OS NENOS E NENAS QUE QUERAN PASAR UN RATO MOI AGRADABLE!.

O Sábado 7 de febrero dende as 18 h Pontiñas CC y de Ocio Gadis está de festa con… O PONTICOCIDO!

EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS… ÓNDE SE NON!!!
19/01/2015AS REBAIXAS EN PONTIÑAS CC Y DE OCIO GADIS!